Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 7.981

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica, do departamento de Representación e Teoría Arquitectónica, a Juan Manuel Franco Taboada.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da universidade da Coruña do 3 de outubro de 1994 (BOE do 25 de outubro) para a provisión da praza número 052/1994 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica, do departamento de Representación e Teoría Arquitectónica desta universidade, a favor de Juan Manuel Franco Taboada, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan Manuel Franco Taboada, profesor titular de universidade da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica do departamento de Representación e Teoría Arquitectónica desta universidade.

A Coruña, 2 de outubro de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

95-7050