Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 7.981

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 18 de outubro de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do 23 de xuño de 1995.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, por Orde do 23 de xuño de 1995 (Diario Oficial de Galicia número 12, do 5 de xullo de 1995), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 23 de xuño de 1995 (Diario Oficial de Galicia número 128, do 5 de xullo de 1995).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e selecciona-lo funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou de un mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciaranse cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, lles fosen concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

N.R.P./DNI: 349231151.

Grupo: A.

Apelidos e nome: González Sánchez, José Manuel.

Código: OT.C99.10.000.32001.052.

Denominación do posto de traballo: xefe do servicio de estradas.

Centro directivo: delegación provincial.

Localidade: Ourense.

Corpo ou escala: Administración especial.

Nivel: 28.

Específico: 1.330.284.

95-6587