Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 7.978

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de outubro de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante, anunciada pola Orde do 4 de setembro de 1995.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública pola Orde do 4 de setembro de 1995 (DOG nº 177 do 14 seguinte), no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pla Lei 3/1995, do 10 de abril, e da conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes apartados:

1.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica á funcionaria que se relaciona no anexo da presente orde.

2.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou de un mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

3.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña a praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

4.-Contra a presente orde os interesados poderán intepoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Número de rexistro: 3488589302 A2060

Grupo: A

Apelidos e nome: Portela Silva, Mª Lucía.

Posto de traballo: xefa do Servicio de Fundacións.

Nivel: 28

Código do posto: PR.C02.00.001.15770.008

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

95-6873