Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.938

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 281/1995, do 13 de outubro, polo que se rectifica o Decreto 203/1995, do 6 de xullo (DOG número 134, do 13 de xullo), polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, dun terreo de 1474,20 m sito na zona de Casablanca-lugar das Moas, parroquia de Sta. María de Oza, termo municipal da Coruña, feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para a construcción dun centro de saúde.

O Pleno da Corporación Municipal da Coruña, en sesión celebrada o 25 de outubro de 1993, acordou ceder gratuitamente á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, para a construcción dun centro de saúde, unha parcela de 1474,20 m sita na zona de Casablanca-lugar das Moas e descrita cos seguintes lindes: ó norte, rúa José María Hernansaez e outra de nova apertura; ó sur, Gabriel Valero Rey, José Canzobre e camiño; ó leste, resto do predio da que procede e ó oeste, termina en punta.

Mediante o Decreto 203/1995, do 6 de xullo, publicado no DOG nº 134, do 13 de xullo, o Consello da Xunta de Galicia acordou acepta-la antedita cesión.

Posteriormente, advirtiuse polo Concello da Coruña un erro na descrición do predio obxecto de cesión, acordándose polo Pleno do antedito Concello, en sesión celebrada o 14 de setembro de 1995, a rectificación do acordo de cesión.

Á vista do exposto procede rectifica-lo parágrafo primeiro do artigo 1 do antedito Decreto 203/1995, do 6 de xullo (DOG do 13 de xullo).

Na súa virtude, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de outubro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Rectifícase a descrición do terreo á que se fai referencia no parágrafo primeiro do artigo 1 do Decreto 203/1995, do 6 de xullo, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, dun terreo de 1474,20 m sito na zona de Casablanca-lugar das Moas, parroquia de Santa María de Oza, concello da Coruña, feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para a construcción dun centro de saúde, quedando como segue: terreo de 1474,20 m sito na zona de Casablanca-lugar das Moas, parroquia de Santa María de Oza, que linda ó norte, con rúa José María Hernansaez e outra de nova apertura; ó sur, con herdeiros de Jesús Mazás Villamarín; ó leste, camiño e ó oeste, parcela da que se segrega e parcela destinada a Instituto Monte das Moas.

Santiago de Compostela, trece de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

95-6973