Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 25 de outubro de 1995 Páx. 7.894

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector do grupo de espectáculos e deportes.

Visto o expediente do convenio colectivo do grupo de espectáculos e deportes que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-7-1995, subscrito en representación da parte económica pola Solana, Club de tenis, Club náutico, Club de golf, e da parte social pola Confederación Intersindical Galega o día 19-7-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de agosto de 1995.

Carlos Martul Álvarez de Neira

Delegado provincial Acctal. da Coruña

Convenio colectivo provincial para o grupo de espectáculos e deportes da provincia da Coruña

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio será de aplicación para as empresas e sociedades integradas no grupo de deportes da provincia da Coruña e regulamentadas pola vixente Regulamentación laboral de traballo para os locais de espectaculos e deportes do 29-4-1950.

Artigo 2º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio colectivo será por tempo indefinido en tódolos seus contidos, ata que as partes decidan substituílo por otro negociado, en todo ou en parte, e de acordo co previsto no seu artigo 3 iniciando a súa vixencia o día 1 de abril de 1995.

Artigo 3º.-Denuncia: para efectos de negociación.

Este covnenio poderá ser denunciado por calquera das partes cada ano de vixencia, con un mes de antelación, se non fose denunciado entenderase prorrogado por iguais períodos sucesivamente. En caso de prórroga, actualizaranse tódolos seus conceptos económicos no IPC do ano anterior máis dous (2) puntos.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de trinta e nove horas semanais (39).

Artigo 5º.-Cláusula de revisión.

No caso de que o IPC publicado polo INE ou organismo que o substitúa, superase o 31 de decembro de 1995 un incremento do 3,5% con respecto o 31 de decembro de 1994, efectuarase unha revisión salarial sobre tódolos conceptos económicos no exceso da devandita cifra. Tal incremento aboarase con efectos do 1 de abril do mesmo ano e para levalo a cabo tomarase como referencia os salarios utilizados para realiza-los aumentos pactados para 1995. As ditas táboas revisadas tomaranse como base para a negociación do convenio colectivo para 1996.

Artigo 6º.-Licencias.

Sen perda de retribucións ningunha, a empresa concederá licencias nos casos seguintes:

-Matrimonio do productor, 15 días.

-Enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos e parto da muller, 4 días.

-Morte do cónxuxe, pais, fillos e irmáns, 4 días.

Se o productor tivera que desprazarse fóra de Galicia as ditas licencias ampliaranse a 7 días.

-Morte de pais, irmáns políticos de ambos cónxuxes, ou avós, 2 días.

-Morte de tíos, sobriños, netos, curmáns, 1 día.

-Vodas de fillos ou irmáns, 1 día se é dentro da provincia e 3 se e fóra dela.

-Bautizos e primeiras comunións de fillos e netos, 1 día.

-Por calquera tipo de intervención cirúrxica dos familiares de primeiro grao ou persoas que convivan na unidade familiar, 1 día.

Artigo 7º.-Vacacións.

As vacacións regulamentadas para tódolos traballadores, afectados polo presente convenio, serán de 30 días, entendéndose comprendido no importe das vacacións o salario base, a antigüedade, plus de convenio, e calquera outro concepto fixo ou periódico.

As empresas de común acordo cos representantes dos traballadores, ou cos mesmos no caso de que non houbera os citados anteriormente, poderán fixar a primeiros de xaneiro o cadro de vacacións correspondente ó ano en curso.

O persoal de traballo de tempada percibiraas proporcionalmente ó tempo traballado e ó seu remate.

Establécese unha bolsa de vacacións de 42.000 ptas. para o ano 1995, e para os traballadores fixos na empresa que desfruten as vacacións nos meses de outubro a abril ambos inclusive, esta cantidade fara efectiva a empresa 2 días antes do inicio do período de vacacións.

Artigo 8º.-Antigüidade.

Para todo o persoal que ingresase na empresa con anterioridade ó 1-4-80, a antigüedade será computada por trienios do 8%. Para o persoal que ingrese con posterioridade á data anterior, rexerán as seguintes táboas:

-Ós 3 anos, 8%

-Ós 5 anos, 10%

-Ós 8 anos, 12%

-Ós 10 anos, 15%

-Ós 13 anos, 20%

-Ós 15 anos, 25%

-Ós 18 anos, 30%

-Ós 20 anos, 40%

-Ós 23 anos, 50%

-Ós 25 anos, 60%

Para isto teranse en conta, e para estes efectos, os límites da lexislación vixente.

Artigo 9º.-Pagas extraordinarias.

As empresas concederán as seguintes pagas extraordinarias:

No mes de xullo, e no mes de decembro, no mes de marzo e no mes de outubro, sendo todas elas de 30 días de salario base máis antigüidade.

Artigo 10º.-Baixa por enfermidade.

Para as dúas primeiras ILT por enfermidade ou accidente dentro da vixencia do convenio, as empresas incrementarán as prestacións de Seguridade Social ata o cen por cento do salario en activo (salario base, antigüidade, plus de convenio e calquera outro concepto fixo ou periódico).

Para a terceira nos tres primeiros días de ausencia, o traballador deixará de devenga-lo 20% da retribución diaria.

Do cuarto ó decimo quinto día, ambos inclusive, deixarase devenga-lo dez por cento da citada retribución.

Cando a situación de ILT dure máis de 15 días ininterrompidos devengarase a retribución integra desde o primeiro día de ausencia. Das situacións de enfermidade aludidas exclúense as ausencias orixinadas por:

Hospitalización, intervención cirúrxica e descanso por maternidade.

O incremento das prestacións non será repercutible nas pagas extraordinarias e estas serán aboadas na súa totalidade.

Atigo 11º.-Retribucións.

As retribucións para o persoal afectado por este convenio serán as seguintes para 1995, tendo carácter de mínimos para tódolos efectos previstos na lexislación laboral vixente para os traballadores e traballadoras coa xornada prevista no artigo 4 do presente convenio colectivo, sendo proporcional nos demais casos, a subida inicial sobre tódolos conceptos económicos será do 4% excepto na bolsa de vacacións e seguro, que inicialmente serán as cantidades que nos apartados correspondentes se marcan.

CategoríasMensualAnual

Titulados de grao superior:130.6642.208.404

Titulados de grao medio:103.9281.780.628

Persoal administrativo:
Xefe de negociado102.4551.757.060
Oficial primeira98.8031.700.228
Oficial segunda95.1481.640.148
Auxiliares91.2271.577.412

Persoal obreiro:
Encargado de primeira99.9161.716.436
Encargado de segunda99.6791.712.644
Oficial de primeira98.8741.699.764
Oficial de segunda95.1481.640.148
Oficial de terceira91.5371.582.372
Encargado de cabina87.5851.519.140
Operarios de limpieza87.5851.519.140
Peóns87.5851.519.140

Para os efectos consignados na táboa anterior, enténdese por categoría de encargado de primeira e segunda o traballador que teña ó seu mando e ordes un grupo de persoal.

Artigo 12º.-Plus de convenio.

Establécese un plus de convenio de 9.815 ptas. mensuais, quedando conxelado para os anos vindeiros e os aumentos que resulten da aplicación do convenio de cada ano, dividiranse por doce e incrementaranse ó salario base mensual.

Artigo 13º.-Seguro.

As empresas, ou sociedades, ben a nivel individual ou de sector, concertarán ó seu cargo un seguro por importe de 1.800.000 ptas. para os casos de morte ou incapacidade total para o traballo en caso de accidente e para todos e cada un dos traballadores.

Artigo 14º.-Comisión mixta paritaria.

Como órgano de conciliacion, intervención, arbitraxe e vixilancia do presente convenio, créase unha comisión de 6 vocais, 3 por cada unha das partes. A citada comisión virá obrigada a xuntarse unha vez por trimestre, como mínimo, ou cando o soliciten 3 vocais.

Artigo 15º.-Xubilación.

A) A xubilación do persoal afectado polo presente convenio colectivo será obrigatoria a idade, que regulamentariamente estableza o Goberno, fixándose actualmente nos 65 anos, coa excepción dos que de mutuo acordo coa empresa se acollan o Real decreto lei 14/1981, do 4 de agosto, e opten pola modalidade de pensión por xubilación ós 64 anos de idade.

Con independencia do anterior, en todo caso, ó persoal que decida xubilarse anticipadamente, garantízanselle as seguintes indemnizacións por xubilación e segundo a seguinte escala de idade:

-Ós 63 anos, 11 mensualidades.

-Ós 62 anos, 12 mensualidades.

-Ós 61 anos, 13 mensualidades.

-Ós 60 anos, 14 mensualidades.

B) Para os centros de traballo Real Club Naútico de A Coruña y Club de Golf de A Coruña, o apartado A) do presente artigo non producirá efecto, séndolles de aplicación a estes centros o seguinte:

Todos aqueles traballadores que teñan dereito ás prestacións do cen por cento por xubilación, a partir da sinatura do presente convenio, negociarán coa empresa a súa posible xubilación anticipada, aínda cando non teñan a idade regulamentaria de 69 anos prevista polo Estatuto dos traballadores, de forma que ó ter dereito ás prestacións do cen por cento sexa cal fose a súa idade, habendo acordo entre as partes, consideraranse extinguidas as relacións laborais.

Establécense os seguintes premios por xubilación anticipada.

-Ós 63 anos, 11 mensualidades.

-Ós 62 anos, 12 mensualidades.

-Ós 61 anos, 13 mensualidades.

-Ós 60 anos, 14 mensualidades.

C) Para facer uso dos dereitos previstos para xubilación anticipada no artigo 15 do covenio colectivo, os traballadores teran que preavisar á empresa no exercicio económico anterior.

D) As empresas e sociedades que cubran cun novo traballador ou traballadora as vacantes de persoal que se produzan pola aplicación do previsto no artigo 15 do convenio colectivo e superen satisfactoriamente un período de proba de tres meses, pasarán a integrarse como fixos do cadro de persoal; sendo un período de seis meses para alcanza-la mesma condición, os que suplan ós xubilados a través do Real decreto lei 14/1981, do 4 de agosto, sempre que non estivesen vinculados á empresa nos dous últimos anos, por un contrato de igual ou superior tempo; en tal caso, seguirán aplicándose os tres meses de proba.

Artigo 16º.-Descanso dominical.

No sector de deportes polas súas específicas carácterísticas, estarase exento do descanso dominical coas seguintes limitacións:

a) Somente poderán traballar en domingo aqueles traballadores que ata a data o viñan facendo, e nos postos de traballo que sexa necesario facer traballos en domingos e festivos.

b) Salvo nos casos especificados no apartado seguinte, ningún traballador poderá traballar dous domingos seguidos, é dicir, que como máximo poderase traballar un domingo si e outro non.

c) Para aquelas sociedades nas que a aplicación do apartado b) sexa imposible, debido ás numerosas funcións que desempeñan en domingós e festivos, a empresa poderá modifica-lo sistema aquí regulamentado, para o cal terá que chegar a un acordo previo con cada traballador afectado, co coñecemento e sen a oposición do comite de empresa ou dos delegados de persoal.

Artigo 17º.-Cadro de descansos.

Tódalas empresas a raíz da publicación do presente convenio colectivo no BOP estarán obrigadas a expoñer en lugar público un cadro de descansos de polo menos 8 semanas; a exposición farase con 10 días de antelacíon á data de entrada en vigor e este terá que ser negociado previamente cos traballadores.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

Entregaranse dúas pezas de roupa de traballo adecuadas ás funcións que cada traballador desempeñe, a partir da sinatura do presente convenio e cunha periodicidade anual.

Artigo 19º.-Cláusula de desvinculación.

Cando unha empresa ou sociedade das incluídas no ámbito de aplicación deste convenio pretenda a inaplicación do nivel retributivo establecido nel, deberá proceder do seguinte xeito:

1. A empresa ou sociedade interesada na inaplicación deberá remitirlle á comisión paritaria do convenio a documentación que estime pertinente, xunto co escrito formulando o seu propósito, no prazo improrrogable de dez días, a partir da súa sinatura se participa na negociación, e no de dez días despois da súa publicación no boletín oficial correspondente se non participase nel.

2. A comisión paritaria disporá do termo de un mes para resolver. Dentro deste tempo, escoitará á representación dos traballadores da empresa solicitante, ós sindicatos participantes na mesa negociadora, así como ós representantes da empresa solicitante.

3. Será requisito necesario para instar, obte-la inaplicación do nivel retributivo do convenio, estar ó día no aboamento del ata a data de resolución da comisión paritaria.

4. Así mesmo, a emrpesa debe dar conta da situación de inestabilidade nos exercicios anteriores, e demostrar verdadeiramente que no caso de aplica-lo réxime salarial pactado no convenio, tería que proceder ás medidas de extinción e suspensión de contratos, en calquera caso, a empresa debe precisa-las circunstancias económicas que xustifiquen a súa solicitude e achega-la documentación económica e financeira co fin da súa fiscalización sindical.

5. No caso de estimar fundada a solicitude, a comisión paritaria establecerá o incremento salarial aplicable na empresa ou sociedade afectada, quedando inalterado o establecido neste convenio respecto do réxime salarial e a súa estructura.

6. En todo caso, o beneficio da inaplicación só se entende ata o remate do primeiro período de vixencia establecido para o nivel retributivo vixente no momento da solicitude. Os incrementos posteriores aplicaranse sobre o salario que correspondese de non se ter aplicado a desvinculación, e non sobre o salario descolgado.

7. A comisión paritaria estenderá copia que dea fe da súa resolución, remitindo exemplares desta á representación da empresa, ós traballadores e traba

lladoras desta, e ós sindicatos que compareceron no trámite.

8. A comisión paritaria poderá estar asistida dos asesores que considere necesarios.

Artigo 20º.-Atrasos.

As empresas aboarán os atrasos correspondentes ó presente convenio coa mensualidade que corresponda, seguinte á publicación no BOP.

98505849