Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

BASES para cubrir en propiedade unha praza de administrativo da Administración xeral vacante no cadro de persoal funcionario, por promoción interna (oferta de emprego público de 1995).

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

Convócanse probas selectivas para cubrir en propiedade unha praza da escala de Administración xeral, subescala administrativa (grupo C), vacante no cadro de persoal funcionario deste concello, incluída na oferta de emprego público de 1995.

A praza cubrirase por promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, entre os funcionarios deste concello pertencentes á subescala de auxiliares de Administración xeral que reúnan os requisitos asinados na base segunda conforme co establecido no artigo 22 da Lei 23/1988, do 28 de xullo, e nos artigos 60 e 61 da Lei 42/1994, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Para seren admitidos á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título ou certificado de bacharelato superior ou ter unha antigüidade de dez anos na subescala de auxiliares da Administración xeral (artigo 61 da lei 42/1994).

b) Pertencer á subescala de auxiliares da Administración xeral deste concello, cunha antigüidade de polo menos dous anos de servicios prestados en propiedade.

Os dous requisitos acreditaranse mediante a certificación expedida polo secretario xeral do concello.

Terceira.-Solicitudes.

As instancias nas que solicite participar na convocatoria presentaranse no rexistro xeral do concello, no prazo de 20 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, mediante extracto. Os colicitantes manifestarán nas instancias que reúnen as condicións esixidas na base segunda da convocatoria. Así mesmo, xunto coa instancia, os interesados presentarán un currículum vitae e a documentación acreditativa, cos méditos que se valorarán na fase de concurso.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde dictará unha resolución coa lista de admitidos e excluídos, e designará o tribunal cualificador e o lugar e a data para o comezo das probas. Esta resolución farase pública no taboleiro de anuncios desta concello e no BOP. O parazo para posibles impugnacións, recusacións ou recursos será de dez días, a partir da data de publicación da citada resolución. Transcorrido este prazo sen que houber reclamacións, a lista de admitidos queda automaticamente elevada a definitiva.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador deste concurso-oposición estará formado polos seguintes membros:

Presidente: o alcalde do concello ou concelleiro no que delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario no que delegue.

Vocais:

-Un representante da comunidade autónoma.

-Un funcionario de carreira proposto pola representación sindical do persoal funcionario.

-Un funcionario de carreira designado pola alcaldía.

O tribunal quedará integrado, ademais, polos suplentes respectivos.

Os membros do tribunal deberanse abster de formar parte del cando concorran as circunatancias previdas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico e procedemento

administrativo común, notificándollo á autoridade convocante. Os aspirantes poderán recusalos cando se dean os supostos previdos no artigo 29 da citada lei.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia, como mínimo, de máis da metade dos seus membros, titulares u suplentes, indistintamente.

Sexta.-Sistema de selección.

Procedemento selectivo: a fase de concursos será previa a de oposición.

a) Na fase de concurso valoraranse os méritos presentados polos aspirantes no currículum vitae, ata un máximo de 11 puntos, segundo o seguinte baremo:

1. Antigüidade: por cada ano completo de servicio no grupo de orixe, 0,25 puntos, ata un máximo de 5 puntos.

2. Experiencia profesional específica: valorarase o contido dos servicios prestados na subescala de auxiliar da Administración xeral, ata un máximo de 4 puntos.

3. Titulacións académicas: estar en posesión doutra titulación distinta da esixida para participar nas probas, 1 punto.

4. Coñecemento da lingua galega: iniciación, 0,5 puntos; perfeccionamento, 0,5 puntos.

b) Fase de oposición: consistirá na realización dos seguintes exercicios:

1. Contestar por escrito, no prazo máximo de dúas horas, un cuestionario de 100 preguntas, con respostas alternativas, baseadas no contido do programa que figura no anexo destas bases, sen que se teña que ater a un epígrafe determinado del.

2. Realización de un ou varios supostos práctivos, de carácter informático, sobre a capacidade administrativa ou relacionados co contido do programa que figura no anexo destas bases.

Sétima.-Cualificación dos exercicios.

Os exercicios serán abrigatorios e eliminatorios. Cada un deles será valorado de 0 a 10 puntos por cada membro do tribunal e será preciso acadar un mínimo de 5 puntos en cada un deles para superalos. As cualificacións obteranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo númeor de membros asistentes. O cociente desta división será a cualificación definitiva. As cualificacións publicaranse no taboleiro de anuncios do concello o mesmo día no que se outorguen.

Oitava.-Proposta de nomeamento.

O tribunal, se é o caso, formulará unha proposta de nomeamento para ocupa-la praza como funcionario de carreira do aspirante que obteña as máximas puntuacións, logo de sumadas as obtidas nas fases de concurso e oposición.

Novena.-Nomeamento e toma de posesión.

O aspirante proposto será nomeado funcionario de carreira polo alcalde para ocupa-la praza de administrativo da Administración xeral convocada. Aquel

deberá tomar posesión dela no prazo dun mes, logo de presentación da documentación acreditativa de reuni-los requisitos sinalados na base 2ª.

Décima.-Incidencias.

O tribunal queda autorizado para resolver cantas dúbidas se lle presenten para o normal desenvolvemento do concurso-oposición en todo o non prevido nestas bases. Para isto, poderá adopta-los acordos precisos para a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

Décimo primeira.-Dereito supletorio.

En todo o non prevido nesta bases observarase o disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril, R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, Lei 30/1984, do 2 de agosto, lei 23/1988, do 28 de xullo e Lei 42/1994, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, e demais concordantes.

ANEXO

Programa de temas

I. Organización e procedemento.

Tema 1. Estructura e contido da Constitución española de 1978. Dereitos e deberes fundamentais. A súa garantía e suspensión. O Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo. Reforma da Constitución.

Tema 2. A Coroa. Funcións consitucionais do Rei. Sucesión e rexencia. O referendo. As Cortes Xerais: organización, atribucións e funcionamento.

Tema 3. O Goberno e a Administración. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais. Designación, duración e responsabilidade do Goberno.

Tema 4. O poder xudicial na Constitución. O Consello Xeral do Poder Xudicial. A organización xudicial española: órganos e principais competencias. O ministerio Fiscal.

Tema5. A Administración central do Estado. O presidente do Goberno. O Consello de Ministros, ministros; secretarios de Estado, subsecretarios; secretarios xerais e directores xerais. A Administración periférica do Estado. Os delegados do Goberno e os gobernadores civís. Direccións ministeriais, territoriais e provinciais.

Tema 6. As comunidades autónomas: constitución e competencias. Os estatutos de autonomía.

Tema 7. A Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de autonomía. Compentencias e recursos financeiros. A asemblea lexislativa. O presidente e o Consello de Goberno. A Administración autonómica: organización e estructura básica.

Tema 8. As fontes do dereito administrativo. A xerarquía das fontes. A Constitución. A lei. Disposicións do Executivo con forza de lei. O regulamento: concepto, clases e límites.

Tema 9. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Eficacia e validez dos actos administrativos. A súa modificación. Notificación e publicación.

Revisión e vía administrativa: anulación e revogación.

Tema 10. O procedemento administrativo: concepto e clases. A súa regulación actual. Idea xeral da iniciación, ordenación, instrucción e finalización do procedemento.

Tema 11. Os recursos administrativos: concepto e principios xerais. Recursos ordinarios e de revisión. A xurisdición contencioso-administrativa.

II. Administración local.

Tema 12. O réxime local español: principios constitucioneis e regulación actual. A autonomía local.

Tema 13.-A provincia e o unicipio no réxime local español. Regulación constitucional e ordinaria.

Tema 14. A organización provincial. A deputación provincial: o presidente, o pleno e a comisión de Goberno. Compentencias das deputacións provinciais. A organización municipal. O concello: o alcalde, o pleno e a comisión de goberno. Competencias dos concellos.

Tema 15. O termo municipal. A poboación municipal. O empadroamento municipal.

Tema 16. Ordenanzas e regulamento locais: procedemento de elaboración e aprobación. Os bandos. Réxime de sesións e acordos dos órganos locais.

Tema 17. A función pública local. Cadros e relacións de postos de traballo. A oferta de emprego público. A selección dos funcionarios propios da corporación. Dereitos e deberes dos funcionarios locais. Os dereitos colectivos. A seguridade social dos funcionarios locais. Referencia do persoal laboral.

Tema 18. Estatuto do veciño. Información e participación cidadá.

Tema 19. As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada. O réxime xurídico das licencias.

Tema 20. Os bens das entidades locais.

Tema 22. A contratación administrativa na esfera local.

Tema 23. A Facenda local. Ordenanzas fiscais. Clasificación dos ingresos locais. Réxime xurídico do gasto público local.

Tema 24. Os orzamentos locais. Contabilidade e contas.

Tema 25. O planeamento urbanístico: clases de plans. Especial referencia ó plan xeral de ordenación urbana. Obxecto, elaboración e aprobación.

Tema 26. Intervención na edificación e uso do solo: ideas xerais. As licencias: actos suxeitos, procedemento e órganos compententes para a súa concesión. Especial referencia ás licencias de obres e de apertura e funcionamento de industrias e actividades.

III. Ciencias da Administración.

Tema 27. Importancia do factor humano na organización do traballo en equipo. Motivación e autoestima do persoal.

Tema 28. A información administrativa. Relacións da Administración cos cidadáns. O cidadán como cliente e destinatario dos servicios e prestacións públicas.

Tema 29. A eficacia administrativa.

Tema 30. O control da actividade administrativa. As novas tecnoloxías e a súa aplicación na Administración local.

Tema 31. A organización do traballo. O protocolo administrativo. O uso da linguaxe administrativa.

Tema 32. O arquivo. Organización dos fondos documentais. O arquivo a disposición da Administración, os cidadáns e a investigación. A documentación na Administración local: tratamento e análise. Clases de documentación e o seu aproveitamento.

IV. Informática.

Tema 33. Concepto de informática. Arquitectura de ordenadores. A unidade central de proceso. Definición de rexistro. A memoria central, a unidade aritmética e lóxica. Evolución da estructura dos ordenadores. Xeracións. A periferia dun ordenador. Soportes da información. Equipos transcritores. Unidades de entrada. Unidades de saída. Canles de entradaa e saída.

Tema 34. O loxical: diferentes tipos. Evolución histórica. O concepto de programa. As linguaxes de programación. O loxical funcional ou sistema operativo. Os paquetes de programas.

Tema 35. Modos de funcionamento do ordenador. Funcionamento por lotes. Funcionamento en tempo real. Multiprogramación. O tempo compartido. As técnicas conversacionais.

Tema 36. Estructuras de almacenamento de datos. Timpo de ficheiros. Métodos de acceso. As bases de datos. Características. Obxectivos e tipos.

Tema 37. A teleinformática. Esquema xenérico da transmisión de datos a distancia. Características básicas dos elementos fundamentais. As redes públicas de transmisión de datos.

Tema 38. Desenvolvemento dunha ampliación informática. Análise funcional e orgánica. Documentación. Esplotación dunha aplicación informática.

Tema 39. Centro de proceso de datos. Tipoloxías organizativas. Especialidades e funcións informáticas. Funcións do centro de proceso de datos. As regulacións do centro de proceso de datos co resto da organización.

Tema 40. A automatización de oficinas. Sistemas físicos máis utilizados. Os ordenadores persoais. Loxicais específicos para a automatización de oficinas. Repercusións organizativas da automatización de oficinas.

Gondomar, 3 de setiembre de 1995.

Ramón Sestelo Fernández

Alcalde de Gondomar