Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, para a contratación de servicios fotográficos polo procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia.

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo en virtud das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde de 15 de setembro de 1994 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG do 3 de outubro, nº 191), resolve a contratación de servicios fotográficos mediante concurso público polo procedimento aberto e trámite de urxencia por un importe de dous millóns oitocentas vintecinco mil pesetas. (2.825.000 ptas. anuais).

Obxecto e orzamento: a contratación de servicios fotográficos por un orzamento anual de dous millóns oitocentas vintecinco mil pesetas (2.825.000 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: o servicios obxecto do presente concurso público executaranse a partir da data de formalización do contrato e ata o 31 de decembro.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións e Concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n., 36071 Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono nº (986) 80 00 17, e fax nº (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

Fianzas: o dous por cento do orzamento da licitación, que se constituirá conforme co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financieira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Ley 13/1995 de contratación das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 18 da Ley 13/1995 de contratación das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: o criterio primordial é te-lo domicilio social ou ben taller de servicio nunha área próxima ó Hospital Montecelo para poder presta-lo servicio coa inmediatez que require, independentemente dos que a continuación se enumeran:

1. Valor técnico.

2. Presencia, experiencia no sector sanitario.

3. Prezo.

4. Prestacións superiores ou complementarias as esixidas.

5. Valores engadidos.

6. Prazo de entrega.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no registro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artígo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposiciones terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatarios do contratos.

Pontevedra, 5 de outubro de 1995

Rafael Pérez-Santamarina Feijoo

Director xerente do Hospital Montecelo

95-6519