O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:
Subministración: equipamento sanitario para centros de saúde onde se instalen Puntos de Atención Continuada (PAC) (SCC 37/95).
Orzamento: 22.858.000 ptas. (IVE incluído).
Fianza provisional: 457.160 ptas.
Lote nº 1:
Orzamento: 4.170.000 ptas.
Fianza provisional: 83.400 ptas.
Lote nº 2:
Orzamento: 9.540.000 ptas.
Fianza provisional: 190.800 ptas.
Lote nº 3:
Orzamento: 7.650.000 ptas.
Fianza provisional: 153.000 ptas.
Lote nº 4:
Orzamento: 1.498.000 ptas.
Fianza provisional: 29.960 ptas.
1. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.
2. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de 30 días contados a partir da data de notificación da adxudicación.
3. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
4. Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16.1º a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
5. Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 a) c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
6. Criterios de adxudicación:
6.1. Calidade dos materiais e a súa adecuación ao solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.
6.2. Prezo ofertado: ata 4 puntos.
6.3. Prazo de entrega: ata 3 puntos.
7. Documentos de interese para os licitadores: o prego de clausulas administrativas particulares, e
demais documentación complementaria, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.
8. Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
9. Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Caetano, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural a contar desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
10. Documentación que aportarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de claúsulas administrativas particulares.
11. Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1995.
Antonio Carbajo Romero
Director xeral de Recursos Económicos
95-6802