Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de outubro 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de electrocardiógrafos de 3 canles e desfibriladores portátiles para diversos centros de saúde (SCC 36/1995).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: electrocardiógrafos de 3 canles e desfibriladores portátiles para diversos centros de saúde (SCC 36/1995).

Orzamento: 17.810.000 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional: 356.200 ptas.

Lote nº 1: electrocardiógrafos de 3 canles.

Orzamento: 12.510.000 ptas.

Fianza provisional: 250.200 ptas.

Lote nº 2: desfibriladores portátiles.

Orzamento: 5.300.000 ptas.

Fianza provisional: 106.000 ptas.

1. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

2. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de 30 días

contados a partir da data de notificación da adxudicación.

3. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16.1º a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 a) c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación:

6.1. Calidade dos materiais e a súa adecuación ao solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

6.2. Prezo ofertado: ata 4 puntos.

6.3. Prazo de entrega: ata 3 puntos.

7. Documentos de interese para os licitadores: o prego de claúsulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

8. Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro Xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde. edificio administrativo de San Caetano, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural a contar desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Documentación que aportarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de claúsulas administrativas particulares.

11. Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

95-6801