Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1995, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación das obras de reforma das redes de hidratantes do Hospital Psiquiátrico de Conxo por procedemento aberto e urxente (C.P. 43/1995).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3-10) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público para a contratación das obras de reforma das redes de hidratantes do Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Obxecto e orzamento: a contratación das obras de reforma das redes de hidratantes do Hospital Psiquiátrico de Conxo, por un importe total máximo de doce millóns novecentas setenta e seis mil trescentas vintecinco pesetas (12.976.325 ptas.), IVE incluído.

Forma de tramitación: procedemento aberto e urxente.

Admisión de variantes: admítense.

Prazo de execución: a duración do contrato será de dous meses desde a súa sinatura, como máximo ata o 31 de decembro de 1995.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral do Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo,

rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación, nos termos indicados na cláusula 8.3-6).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nas cláusulas 8.3-6) e 12.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría A.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo do xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de actos do Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores:

No sobre A «Proposición económica»: segundo o establecido na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

No sobre B «Capacidade para contratar»: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

No sobre C «Referencias técnicas»: a documentación sinalda na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1995.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

95-06799