Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 298/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T Balaídos-Mercado, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: tramo I - Balaídos-Mercado: desde a subestación de Balaídos ata o C.T. Mercado. Tramo II - Bombas Túnel Montero Ríos: desde a Liña Troncal-Areal entre os CC.TT. Eijo Garay e praza de Compostela ata o C.T. Bombas Túnel Montero Rios. Tramo III - praza de Compostela: desde a liña Troncal-Areal entre os CC.TT. Laxe e Eijo Garay ata o C.T. praza de Compostela. Os tres tramos están comprendidos dentro do concello de Vigo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais:

Tramo I - L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 4.075 m de lonxitude con conductor tipo R.H.V.

Tramo II - L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 400 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

Tramo III - L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 75 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

Liña de adaptación centro de seccionamiento da Paz, subterránea, de 10 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

Liña de adaptación ó C.T. Mercado cun conxunto de celas compactas SF6 (2L+2P9).

Orzamento: 84.502.392 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 5 de setembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9506787