Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 283/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. a C.T. Paxariñas-Sanxenxo coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio nº 23 da L29.06 Vilalonga-O Grove, ata o C.T. que se proxecta en Paxariñas, concello de Sanxenxo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 12/20 kV, de 148 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, sobre apoios de formigón.

Orzamento: 871.051 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas,

no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 29 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-6637