Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 277/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información

pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. y R.B.T. Lazamar-San Vicente do Mar, concello do Grove coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio nº 37 da L.M.T. existente 29.05 Vilalonga á Toxa na súa derivación ó C.T. San Vicente do Mar, ata o C.T. que se proxecta en Lanzamar, concello do Grove.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., subterránea, a 12/20 kV, de 540 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. 1x95 mm ó que irá aloxada en tubo de fibrocemento de 150 mm a unha profundidade entre 1,20 e 1,50 m.

C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-398/320 V.

R.B.T., subterránea, de 540 m de lonxitude, con conductor R.V.

Orzamento: 9.036.696 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 29 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-6636