Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.852

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de setembro de 1995 pola que se constitúe o colexio público rural agrupado de Rianxo (A Coruña).

Examinado o expediente sobre a constitución do colexio rural agrupado de Rianxo, tramitado pola delegación provincial desta consellería na Coruña.

Vistos o Decreto 63/1988, do 17 de marzo (DOG do 8 de abril), a Orde do 14 de abril de 1988 (DOG do 13 de maio), e demais normas que lle son de aplicación.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,

DISPÓN:

Primeiro.-Constitui-lo colexio público rural agrupado de Rianxo, segundo os datos que figuran o anexo.

Segundo.-Integrar no dito centro os colexios públicos e centros de educación preescolar, que desaparecen como tales, de: Leiro-Abuín (15014155), Burés (15024768), Araño-Buhía (15014015), O Pazo (15014192), Araño-Capela (15014039), Cruceiro-Taragoña (15014210), Vacariza (15014106), Cuvi

de (15014222), Outeiro (15014064), Isorna-Quintáns (15014118) e Leiro-Rañó (15014131).

A presente orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Rianxo.

Localidade: Asados.

Centro: colexio público rural agrupado de Rianxo.

Código do centro: 150RIAO2.

Zona educativa: Rianxo-Asados-Cepra (1501725).

EXB: 7.

Preescolar: 10.

Total: 17.

CódigoPostos de traballoLocalidade

EE100PreescolarAbuín
EE100PreescolarBurés
EE100PreescolarBuhía
EE200Ciclos inicial e medioBuhía
EE100PreescolarBurato
EE200Ciclos inicial e medioBurato
EE100PreescolarCapela
EE200Ciclos inicial e medioCapela
EE100PreescolarCruceiro
EE100PreescolarCruceiro
EE100PreescolarCuvide
EE200Ciclos inicial e medioCuvide
EE200Ciclos inicial e medioOuteiro
EE100PreescolarQuintáns
EE200Ciclos inicial e medioQuintáns
EE100PreescolarRañó
EE200Ciclos inicial e medioVacariza
EE207Educación física

TOTAL: 18

95-6634