Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.851

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de outubro de 1995 pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de setembro de 1995, polo que se lle outorga a Voz de Galicia Radio, S.A. a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia no Barco de Valdeorras (Ourense).

O Consello da Xunta de Galicia por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, na súa reunión do día vintenove de setembro de mil novecentos noventa e cinco, adoptou un acordo polo que se lle outorga a Voz de Galicia Radio, S.A., a concesión definitiva para o funcionamento dunha emi

sora en ondas métricas con modulación de frecuencia no Barco de Valdeorras (Ourense).

En cumprimento do establecido no artigo 10, parágrafo primeiro, do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, faise pública a citada concesión definitiva.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Acordo do 29 de setembro de 1995, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se lle outorga a Voz de Galicia Radio,S.A., a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia no Barco de Valdeorras (Ourense).

Santiago Rey-Fernández Latorre, en representación de Antena 3 de Radio de Galicia, S.A. (actualmente denominada Voz de Galicia Radio, S.A.), solicitou a concesión dunha emisora comercial en ondas métricas con modulación de frecuencia no Barco de Valdeorras (Ourense), ó amparo da Orde do 16 de xuño de 1983 da Consellería da Presidencia e Administración Pública e do Decreto 172/1982, do 15 de decembro, que posteriormente foi derrogado polo Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro.

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de novembro de 1983 adxudicouse con carácter provisional a Antena 3 de Radio de Galicia (actualmente denominada Voz de Galicia Radio, S.A.) unha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia no Barco de Valdeorras (Ourense).

Posteriormente, a dita sociedade cambiou a súa denominación pola de Voz de Galicia Radio, S.A., segundo consta na escritura pública autorizada polo notario da Coruña, Fernando Alba Puente, o 26 de xaneiro de 1994 baixo o número 329 de protocolo.

Aprobado pola Dirección Xeral de Telecomunicacións do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente o correspondente proxecto técnico, así como a acta de conformidade final das instalacións e tendo en conta o informe da Secretaría Xeral de Comunicación, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, o Consello da Xunta de Galicia,

ACORDOU:

Primeiro.-Outorgarlle a Voz de Galicia Radio, S.A. a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia no Barco de Valdeorras (Ourense), con suxeición ás normas contidas na Lei 31/1987, do 18 de decembro, no Real decreto 169/1989, do 10 de febreiro, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, polo que se regula o procedemento de concesión de

emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia e a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 16 de xuño de 1983, e demais normativa aplicable.

Segundo.-As características técnicas que se lle asignan á mencionada emisora son as seguintes:

-Coordenadas: 42º 23' 10'' N.

07º 03' 30'' W.

-Cota (m): 1.035.

-Denominación da emisión: 256KF8EHF.

-Frecuencia (MHz): 97,9.

-Potencia radiada aparente máxima (w): 600 (para 060º).

-Potencia máxima nominal do equipo transmisor (w): 250.

-Potencia de saída autorizada do equipo transmisor (w): 190.

-Sistema radiante: Dipolo+Reflector. Directiva 2 elementos. Gmáx. 5,85 dB. Sector (355º-125º).

-Altura sobre o solo do centro eléctrico da antena (m): 27.

-Altura do mastro (m): 30.

-Altura efectiva máxima (m): 699.

-Polarización: vertical.

A frecuencia asignada queda condicionada, se é o caso, ó trámite da coordenación internacional.

9506574