Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.850

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de outubro de 1995 pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de setembro de 1995, polo que se lle outorga a Radio Popular, S.A. (Cope) a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Santiago de Compostela (A Coruña).

O Consello da Xunta de Galicia por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, na súa reunión do día vintenove de setembro de mil novecentos noventa e cinco, adoptou un acordo polo que se lle outorga a Radio Popular, S.A. (Cope), a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Santiago de Compostela (A Coruña).

En cumprimento do establecido no artigo 10, parágrafo primeiro, do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en

ondas métricas con modulación de frecuencia, faise pública a citada concesión definitiva.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Acordo do 29 de setembro de 1995, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se lle outorga a Radio Popular, S.A. (Cope), a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Santiago de Compostela (A Coruña).

Bernardo Herraez Rubio, en representación de Radio Popular, S.A. (Cope), solicitou a concesión dunha emisora comercial en ondas métricas con modulación de frecuencia en Santiago de Compostela (A Coruña), ó amparo do Decreto 1433/1979, do 8 de xuño, e demais disposicións aplicables.

Por acordo do Consello de Ministros do 29 de decembro de 1981, adxudicouse con carácter provisional a Radio Popular, S.A. (Cope) unha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Santiago de Compostela (A Coruña).

Aprobado pola Dirección Xeral de Telecomunicacións do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente o correspondente proxecto técnico, así como a acta de conformidade final das instalacións e tendo en conta o informe da Secretaría Xeral de Comunicación, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, o Consello da Xunta de Galicia,

ACORDOU:

Primeiro.-Outorgarlle a Radio Popular, S.A. (Cope) a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Santiago de Compostela (A Coruña), con suxeición ás normas contidas na Lei 31/1987, do 18 de decembro, no Real decreto 169/1989, do 10 de febreiro, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia e demais normativa aplicable.

Segundo.-As características técnicas que se lle asignan á mencionada emisora son as seguintes:

-Coordenadas: 42º 53' 58'' N.

08º 33' 50'' W.

-Cota (m): 460.

-Denominación da emisión: 256KF8EHF.

-Frecuencia (MHz): 97,1.

-Potencia radiada aparente máxima (w): 2.000.

-Potencia máxima nominal do equipo transmisor (w): 500.

-Sistema radiante: 6 Dipolos. Omnidireccional.

-Altura sobre o solo do centro eléctrico da antena (m): 45.

-Altura do mastro (m): 60.

-Altura efectiva máxima (m): 396.

-Polarización: vertical.

A frecuencia asignada queda condicionada, se é o caso, ó trámite da coordenación internacional.

9506733