Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.850

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 272/1995, do 23 de outubro, polo que se acorda encarga-lo despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia á República de Irlanda, cómpre prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á República de Irlanda, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día vintecatro de outubro ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

9506732