Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 23 de outubro de 1995 Páx. 7.842

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (381/1994).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xurisdicción voluntaria número 381/1994 sobre declaración de falecemento de José Balebona Martínez e promovido por Manuela Balebona Vilarez. O citado Balebona Martínez naceu no lugar da Igrexa, na parroquia de Covas, concello de Ames, o día 29 de xullo de 1893. No ano 1933 emigrou a Cuba, onde viviu, e mantivo correspondencia coa famillia ata o ano 1977, data na que se perde todo contacto con el, e ignórase o seu actual paradoiro. O que se publica para os efectos dispostos no artigo 2042 da Lei de axuízamento civil, para que calquera persoa que o considere oprtuno poida ser oída no mencionado expediente.

Dado en Santiago de Compostela o dezaoito de abril de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

6517