Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 23 de outubro de 1995 Páx. 7.839

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de outubro de 1995 pola que se modifica a proposta de aspirantes que superaron as probas selectivas para o acceso á escala básica de vixilancia pesqueira, aprobada por Resolución do 26 de abril de 1995 do tribunal designado para xulga-las probas.

Como consecuencia da Resolución do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública pola que se estima o recurso formulado por Segio Gómez Figueroa, aspirante polo coto reservado a persoas con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, procede da-la debida publicidade á modificación provocada na proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala básica de vixilancia pesqueira aprobada por Resolución do 26 de abril de 1995 (DOG, nº 97, do 23 de maio) do tribunal designado para xulga-las ditas probas. Polo tanto, o posto nº 61 da relación que figura como anexo á resolución citada será:

Nº: 61

DNI: 76.988.758

Apelidos: Gómez Figueroa.

Nome: Sergio.

32.58

Como consecuencia do anterior, exclúese da relación de aspirantes que superaron as devanditas probas selectivas a:

Jesús Fernando Goce Lemos.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6755