Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.769

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Inmobiliaria Ponteno, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Inmobiliaria Ponteno, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-8-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 23-5-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG), da devandita táboa salarial, así como da acta da comisión deliberadora, dado que contén a modificación dun artigo.

Vigo, vintecatro de agosto de mil novecentos noventa e cinco.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Inmobiliaria Ponteno, S.A.

Comisión para a discusión do convenio colectivo de traballo para a empresa Inmobiliaria Ponteno, S.A. e empregados dela,

ACTA

Comisión:

Pola empresa:

Ceferino Nogueira García.

Polos traballadores:

Gregorio Martín Pérez.

José Ubeira Estévez.

Agustín Nogueira García.

Víctor Canda Riobo.

En Marín, sendo as doce horas do día vintetrés de maio de mil novecentos noventa e cinco, reúnense os arriba mencionados no domicilio social da empresa,

co obxecto de chegar a un acordo sobre a revisión da táboa salarial do convenio colectivo asinado o pasado vintetrés de abril de mil novecentos noventa e dous.

Despois dun amplo cambio de impresións, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Un.-A táboa salarial para o exercicio de 1995 será a que se reflicte en folla anexa, resultante de aplicar á de 1994 un 5% de incremento.

Dous.-Modifica-lo artigo 16 do convenio colectivo indicado anteriormente, quedando redactado como segue:

«Establécese o aboamento mensual para todo o persoal dun plus de transporte por importe de 5.500 ptas».

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, asinando a presente acta, así como a táboa salarial, os señores arriba mencionados.

ANEXO

Táboa salarial 1995

I.Titulados:

Titulado superior: 155.636

Titulado medio-grupo A: 139.198

Titulado medio-grupo B: 129.807

II. Administrativos:

Xefe de sección: 155.636

Xefe de negociado: 139.198

Oficial administrativo: 122.881

Auxiliar administrativo: 93.864

Aspirante de 16 a 18 años: 71.412

III. Subalternos:

Conserxe, cobrador, ordenanza, portero e sereno: 81.992

Botones de 16 a 18 anos: 71.412

Persoal de limpeza: 81.992

IV. Servicios varios:

A) Categorías básicas:

Encargado se sección: 105.749

Oficial de 1ª: 101.662

Oficial de 2ª: 96.563

Oficial de 3ª: 93.235

Peón: 93.235

Aprendiz de 16 a 18 años: 71.412

B) Categorías asimiladas:

Conductor de camión: 96.563

Conductor de turismo: 96.563

Manipulante: 96.563

Encargado de almacén ou almaceneiro: 101.662

Mozo de almacén: 92.380

Cosedor/a: 92.380

95-5802