Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso.

Obxecto: adquisición e instalación de fondos bibliográficos e audiovisuais con destino á biblioteca do Fórum Metropolitano ( Parque Europa ) ( Ref. 595/148 ).

Tipo de licitación: 13.200.000 pesetas. ( IVE incluído ).

Garantías: Provisional : 264.000 ptas.; definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Modelo de proposición.- Reintegradas cun timbre municipal de 14.750 ptas., as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para adquisición e instalación de fondos bibliográficos e audiovisuais con destino á biblioteca do Fórum Metropolitano ( Parque Europa ), e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de ... (IVE incluído).

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado ou da provincia, en horas de nove a trece. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia no Negociado de Subministracións e Compras, 2ª planta do Pazo Municipal, praza de María Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 21 de setembro de 1995.

O alcalde.

Rubricado

Novos números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273