Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1995, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público por procedemento aberto 11/1995, polo trámite de urexencia, para a subministración de aparellos médicos, instrumental e material diverso de enfermería, para o complexo hospitalario (C.P. 11/1995).

A Dirección-xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación de subministración: aparellos médicos, instrumental e material diverso de enfermería para o complexo hospitalario. (C.P. 11/1995).

Os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou a totalidade dos lotes que se enumeran no prego de cláusulas afministrtivas particulares.

Orzamento: 24.284.000 pesetas (IVE incluído).

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: 15 días, contados a partir da data da notificación da adxudicación.

Admisión de variantes: admítense, sempre e cando superen o estipulado nas prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: non se esixe.

Solvencia técnica: acredítase de acordo co establecido no artigo 18, apartado d), da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: 1) calidade, ata 4 puntos; 2) valoración económica, ata 4 puntos; 3) prazo de execución, ata 2 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, nº 52, (edificio administración-planta baixa), de Ourense, en días laborables, das 9 ás 13 horas.

Fianza provisional: 2% do importe da licitación correspondente o/os lote/s a que concorran. Deberá ser depositada previamente á licitación nalgunha das formas que establece o artigo 36 da devandita Lei 13/1995. No caso de ser constituída mediante aval, será suficiente a inclusión da póliza da entidade financeira pola que se formalice o aval.

Fianza definitiva: será do 4% do/dos orzamento/s de licitación.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral

deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anuncialle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 58 49 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á dirección-xerencia do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso publico correrá por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 3 de outubro de 1995.

Pedro A. Soler Bordoy

Director-Xerente do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor

6474