Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.706

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 29 de setembro de 1995 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación Intersindical Galega .

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo (DOG do 12-7-1988), de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 4 da devandita lei, a Confederación Intersindical Galega acordou a substitución dun dos membros suplentes da súa representación no consello.

En virtude do disposto no artigo 11 de Decreto 13/1994, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o órgano colexiado Consello Galego de Relacións Laborais, figura adscrito a esta consellería.

Por todo o exposto, en virtude do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membro do pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación Intersindical Galega a Xosé Lois Romero Falque, en substitución de Luís Humberto Busto Abella.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1995.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

95-6775