Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 17 de outubro de 1995 Páx. 7.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador de epizootias, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario (expediente 102/1995).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a notificación de incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, Lugo.

ANEXO:

Expediente: 102/1995.

Denunciado: Luis Quiroga Figueiras.

DNI: 34.240.448.

Último enderezo coñecido: Monforte de Lemos.

Feitos imputados: adicarse á comercialización de gando carecendo do carné de tratante.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: 65 e 195.

Precepto sancionador: 213.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 50.000 ptas.

Lugo, 18 de setembro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

95-6379