Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 17 de outubro de 1995 Páx. 7.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1995 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público da subministración, desenvolvemento, integración, instalación e posta en marcha do sistema informático de xestión e control no laboratorio de medio ambiente industrial de Galicia.

Contrato de referencia: concurso público da subministración, desenvolvemento, integración, instalación e posta en marcha do sistema informático de xestión e control no laboratorio de medio ambiente industrial de Galicia.

Empresa adxudicataria: Desarrollos Electrónicos e Informáticos, S.A.-Deinsa.

Orzamento de adxudicación: 13.959.900 ptas.

Prazo de execución: o prazo de execución será de 3 meses, contados a partir da sinatura do contrato, tendo en conta o establecido no prego de prescricións técnicas.

O que se fai público para os efectos sinalados no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1995.

Manuel Barreiro Barbeito

Conselleiro de Industria e Comercio

95-6380