Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 17 de outubro de 1995 Páx. 7.676

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Blanco Munín, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Blanco Munín, S.L. (cafetería Juan Canalejo), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-7-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo delegado de persoal o día 12-7-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de agosto de 1995.

Carlos Martul Álvarez de Neira

Delegado provincial Acctal. da Coruña

Acta II e definitiva do 12 de xullo de 1995

Pola empresa: en representación da razón social Blanco Munín, S.L., o seu administrador Orlando Blanco Armada.

Polos traballadores: o delegado de persoal, José Manuel Álvarez Rodríguez.

Na Coruña, nos locais da empresa, reunidos os citados na marxe, representantes da empresa e dos traballadores, acordan:

Recoñecerse mutua capacidade para negociar, segundo o previsto no Estatuto dos traballadores.

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo é de aplicación na empresa Blanco Munín, S.L., cafetería do persoal da cidade sanitaria Juan Canalejo.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo regulará as relacións laborais e económicas da empresa Blanco Munín, S.L., concesionaria da cafetería da cidade sanitaria, que se rexe pola ordenanza laboral da industria da hos

telería, en vigor actualmente e mentres non sexa derrogada e se cree unha nova norma que a substitúa.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O presente convenio colectivo é de obrigada aplicación a todo o persoal que actualmente forma parte do cadro de persoal da empresa Blanco Munín, S.L., ou entre nela durante a súa vixencia.

Artigo 4º.-Vixencia.

Este convenio colectivo entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1995, e desde esta data surtirá plenos efectos e substituirá o anterior. A duración do presente convenio será de un ano, vencendo polo tanto o 31 de decembro de 1995.

Artigo 5º.-Prórroga.

Ó cumpri-la data do seu vencemento, o convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, de non mediar denuncia por calquera das partes contratantes con un mes, como mínimo, de antelación á data de expiración. De prorrogarse pola tácita, tódolos conceptos económicos incrementaranse no IPC (índice de prezos ó consumo) establecido polo INE (Instituto Nacional de Estatística).

Artigo 6º.-Revisión e rescisión.

Denunciado en tempo e forma este convenio colectivo e vencido o prazo da súa vixencia, seguirase aplicando, non obstante, nos seus propios termos, ata que se pacte un novo convenio colectivo que o substitúa ou sexa dictada por quen corresponda a resolución procedente.

Capítulo II

Artigo 7º.-Estructura salarial.

A estructura salarial está integrada polos conceptos que se expresan seguidamente:

A. Salario base.

B. Plus de antigüidade.

C. Plus de cantidade de traballo.

D. Plus de transporte.

E. Extraordinaria de setembro.

F. Extrordinaria de xullo.

G. Extraordinaria de Nadal.

Artigo 8º.-Salario base.

O salario base establecido para cada categoría profesional por unidade de tempo é o que se recolle no anexo I, que supón un incremento do 3,5% do convenio de 1994.

Artigo 9º.-Antigüidade.

O plus de antigüidade será o establecido pola vixente ordenanza de traballo, quedando de acordo coa seguinte escala mentres non sexa modificada por outra norma legal.

A. Un 4 por 100 sobre o salario garantido ó cumprirse tres anos de servicio na empresa.

B. Un 10 por 100 ós seis anos.

C. Un 18 por 100 ós nove anos.

D. Un 30 por 100 ós catorce anos.

E. Un 42 por 100 ós dezanove anos.

F. Un 49 por 100 ós vintecatro anos.

A partir dos vintecatro anos de servicio na empresa un 2% anual ata o límite de 40 anos.

A data inicial para a determinación da antigüidade será a de ingreso na empresa, aínda que cambie por ascenso ou por calquera outro motivo de categoría profesional.

Artigo 10º.-Plus de cantidade de traballo.

A totalidade do persoal afectado polo presente convenio percibirá unha cantidade fixa de 9.736 ptas. mensuais, agás para os aprendices.

Artigo 11º.-Plus de transporte.

A totalidade do persoal afecto polo presente convenio percibirá en compensación por gastos de transportes unha cantidade fixa de 5.843 ptas. mensuais excepto os aprendices.

Artigo 12º.-Extrordinaria de setembro.

O día 15 de setembro aboarase unha paga extrordinaria consistente en 30 días de salario base e plus de antigüidade, para as distintas categorías sinaladas neste convenio.

Artigo 13º. Extraordinaria de xullo.

A extraordinaria de xullo aboarase o día 25 de xullo e consistirá en trinta días de salario base e plus de antigüidade, para tódalas categorías sinaladas neste convenio.

Artigo 14º.-Extraordinaria de Nadal.

A extraordinaria de Nadal aboarase o día 20 de decembro e consistirá en 30 días de salario base e antigüidade para as distintas categorías sinaladas neste convenio.

Capítulo III

Artigo 15º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral será a legalmente establecida, 40 horas á semana ou 1.826 horas ó ano.

Artigo 16º.-Horarios de traballo.

O horario de traballo do persoal afectado por este convenio, recóllese no anexo II. Faranse 2 quendas, mañá e tarde, e non se poderá partir. Os traballadores terán dereito á súa quenda habitual e non se lles poderá cambia-la dita quenda.

Artigo 17º.-Vacacións.

Establécese para o todo o persoal fixo do cadro trinta e un días naturais de vacacións anuais. Percibirán durante este período as mesmas cantidades de salario, antigüidade e plus de cantidade de traballo que lle correspondesen se estivesen traballando. Colleranse 4 meses que serán xuño, xullo, agosto e setembro.

Artigo 18º.-Día da patroa.

Establécese o día 29 de xullo media xornada libre para os traballadores, con opción por parte da empresa para poder substituíla por pagamento en metálico co fin de mante-lo seu normal funcionamento. A substitución en metálico será a que corresponda ó traballador polo seu salario garantido e maila antigüidade en media xornada normal.

Artigo 19º.-Licencias retribuídas.

Sen perda de ningunha retribución, a empresa concederá licencias nos casos seguintes e coa seguinte duración:

A. 15 días por casamento, que poderán unirse ó período de vacacións.

B. 6 días naturais por falecemento do cónxuxe, pais, fillos ou irmáns. Se o falecemento ocorrese fóra da residencia habitual do interesado o permiso amplíase a 7 días.

C. 3 días por falecemento de sogros e cuñados, que se converterán en 4 no caso de que sexa fóra da provincia.

D. 2 días en caso de calquera familiar, que serían 3 días ó ser fóra da provincia.

E. 5 días por nacemento dun fillo.

F. 2 días por voda dun familiar de liña directa ou colateral en 1º grao.

Artigo 20º.-Excedencias.

O traballador cunha antigüidade na empresa polo menos de 1 ano terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período máximo de 5 anos, sen que, en ningún caso, se poida producir tal situación nos contratos de duración determinada.

O traballador reunirá as condicións seguintes:

A. Contar cunha antigüidade na empresa superior a 1 ano. A concesión outorgarase dentro dun prazo de 1 mes a partir da data da súa petición.

B. A excedencia terá unha duración mínima de tres meses e máxima de 5 anos, concedéndose polo tempo solicitado.

C. O traballador que desexe incorporarse ó seu posto de traballo, notificarallo á empresa con 1 mes de antelación á data na que expire o prazo. Para reincorporarse dentro dos días primeiros ó remate da dita excedencia.

D. Perderá o dereito á reincorporación ó seu posto de traballo todo aquel excedente que, en tal período de tempo, preste servicios por conta allea en calquera posto de traballo dentro do territorio nacional en empresas comprendidas na ordenanza nacional de traballo para a hostelería.

E. Se a empresa lle dese emprego a outro traballador para substituí-lo excedente, aquel tería a condición de interino causando baixa ó se incorpora-lo substituído. Se este non se reincorpora no prazo e con

dicións sinaladas cesaría definitivamente na empresa, e o interino adquirirá a condición de fixo.

F. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento deste. Os fillos sucesivos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, poría fin á que estivese desfrutando. Cando a nai e o pai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

G. Así mesmo poderán solicita-la situación de excedencia, os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu mandato.

H. Para acollerse a outras excedencias voluntarias o traballador deberá cubrir un novo período de polo menos 4 anos de servicio efectivo na empresa e as excedencias concederanse sen ningún dereito a retribución, e o tempo que dure non será computable para ningún efecto.

I. As excedencias concederanse sen ningún dereito a retribución, e o tempo que dure non será computable para ningún efecto.

J. Ó remate dunha excedencia o traballador terá que ocupa-lo seu posto de traballo no prazo de 15 días a partir do remate da excedencia.

O persoal afectado por este convenio con un ano de antigüidade como mínimo terá dereito, en caso de necesidade xustificada, á licencia sen retribución por un prazo non inferior a un mes nin superior a catro.

Deberá mediar unha diferencia de doce meses entre dous períodos de licencia.

Capítulo IV

Melloras sociais

Artigo 21º.-Incapacidade laboral.

En caso de enfermidade ou accidente a empresa incrementará as prestación da Seguridade Social ata o cen por cento do soldo garantido e maila antigüidade. Esta prestación manterase por un período máximo de doce meses. Así mesmo os períodos de enfermidade ou accidente de traballo non se terán en conta para deducir días do período de vacacións, nin incidirán nas pagas extraordinarias.

Artigo 22º.-Seguro de accidente ou morte por accidente.

A empresa contratará un seguro colectivo de morte por accidente no traballo ou en itinere, así como a invalidez permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, pola cantidade de 2.500.000 ptas., para cada un dos anteriores casos. A empresa ó contrata-la póliza cunha compañía de seguros non será en ningún caso responsable subsidiariamente do pagamento das indemnizacións aquí pactadas.

Artigo 23º.-Premio de xubilación e auxilio de defunción.

En caso de falecemento do traballador ou traballadora concederáselle á viúva ou viúvo ou fillos un auxilio de defunción que será do seguinte xeito:

-Por cinco anos de servicio: 1 mes.

-Por dez anos de servicios: 2 meses.

-Por vinte anos de servicio: 3 meses.

-Por vintecinco anos de servicio: 4 meses.

Ó persoal que non leve os cinco anos ó servicio da empresa pagaráselle a parte proporcional ó tempo traballado en seis días por ano de servicio.

Ó producirse a xubilación dun traballador que leve como mínimo quince anos ó servicio da empresa, percibirá dúas mensualidades incrementadas con tódolos emolumentos inherentes a ela e unha mensualidade máis por cada cinco anos que exceda do quince de referencia.

Artigo 24º.-Roupa de traballo.

A empresa proporcionaralles a tódolos traballadores afectos a este convenio roupas de traballo, sendo o uso destas obrigatorio.

A empresa poderá facer constar na dita roupa o seu anagrama.

A conservación e limpeza da citada roupa será por conta do traballador, o cal deberá mantela en bo estado de conservación e uso; percibirá para estes efectos unha compensación económica fixa mensual de 1.000 pesetas.

O deseño da dita roupa decidirao a xunta de traballadores.

Artigo 25º.-Traballos de categoría.

Como regra xeral o traballador desenvolverá as tarefas propias da súa categoría profesional e percibirá a retribución que corresponda á súa categoría.

Artigo 26º.-Traballos de categoría superior.

Se un traballador, por necesidades de servicio, realizase funcións de categoría superior ás que ten recoñecidas, terá dereito á retribución propia desa categoría, mentres realice tales traballos.

O traballador que realice funcións de categoría superior durante máis de dous meses consolidará o dereito a que lle sexa recoñecida unha nova categoría profesional.

Capítulo V

Acción sindical

Artigo 27º.-Asemblea.

Os traballadores teñen dereito a reunirse en asemblea ordinaria unha vez ó mes. A asemblea poderá ser convocada polo comité de empresa, polo delegado de persoal, polas seccións sindicais ou por un número de traballadores non inferior ó 30% do cadro de persoal. A asemblea será presidida polo comité de empre

sa ou delegado de persoal, que será responsable do seu normal desenvolvemento.

A presidencia comunicaralle ó empresario a convocatoria cunha antelación mínima de 48 horas; esta deberá acusa-la recepción. A presidencia e o empresario acordarán as medidas oportunas para evitar prexuízos na actividade normal da empresa.

Cando por traballadores a quenda, non se poida reunir todo o cadro de persoal simultaneamente, sen prexuízo ou alteración no normal desenvolvemento da actividade da empresa, as diversas reunións parciais que se teñan que celebrar consideraranse unha soa e datada no día da primeira.

O lugar da reunión será o centro de traballo, se as condicións deste o permiten, e terá lugar fóra de horas de traballo, agás acordo co empresario.

No caso de conflicto colectivo non será necesaria a comunicación anticipada para a celebración da asemblea.

Cando se someta á asemblea por parte dos convocantes a adopción de acordos que afecten ó conxunto dos traballadores, requirirase para a súa validez o voto favorable, persoal, libre, directo e secreto, incluído o voto por correo, da metade máis un dos traballadores da empresa.

Artigo 28º.-Garantías sindicais.

Ningún traballador que represente ós traballadores pode ser despedido durante o prazo de un ano con posterioridade a este, agás por falta susceptible de despedimento suficientemente probada e logo de iniciación do expediente.

Os delegados dos traballadores disporán do tempo libre necesario dentro do horario laboral, para asistiren a cantas reunións e asembleas se consideren necesarias marcándose un máximo segundo o establecido no Estatuto dos traballadores, aboado pola empresa.

Artigo 29º.-Preaviso de cesamento.

Os traballadores que, voluntariamente, causen baixa na empresa, deberán comunicalo cunha antelación mínima de 10 días, en caso contrario, poderán descontarse na liquidación os días de atraso na notificación.

Artigo 30º.-Vacantes de persoal.

Nas vacantes que se produzan entre o persoal fixo do cadro ou novas contratacións, daráselles preferencia ós traballadores eventuais ou contratados que houbese nese momento, e se non houber, entre os traballadores que fosen eventuais na empresa e de acordo co tempo traballado. Queda facultada a dirección da empresa para cubri-las vacantes producidas, incluídos os postos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre o persoal do cadro.

Artigo 31º.-Composición do cadro de persoal.

O cadro de persoal da empresa está formada por 17 traballadores, distribuídos nas seguintes categorías:

-Encargado: 1.

-Camareiros: 8.

-Limpadoras: 4.

-Cociñeiros: 2.

-Aprendices: 2.

O dito cadro de persoal non poderá ser reducido en ningunha das súas categorías.

O Cadro de persoal de traballadores fixos que seguirán no seu posto de traballo aínda que cambie a concesión son os seguintes:

Álvarez Rodríguez, José Manuel

García Garea, Hermitas

López Casas, Juan Manuel

López Suárez, Otilia

Eiras Velay, Antonio

Pintor Costoya, Esther

Rozada Sánchez, Obdulia

Seijas Vigo, Mariano

Independentemente do recollido anteriormente para os efectos da contratación dos aprendices observarase o disposto no Real decreto 2317/1993 e na Lei 10/1994, ou noutra norma de igual ou superior categoría, que se poida denunciar nun futuro.

Artigo 32º

O persoal afectado por este convenio, con un ano de antigüidade, como mínimo, terá dereito, en caso de necesidade xustificada, á licencia sen retribución por un prazo non inferior a un mes nin superior a catro.

Artigo 33º.-Reducción de xornada.

Como forma de reducción de xornada, ademais dos descansos semanais, festivos e vacacións recollidos neste convenio, descansarase seis días anuais, que representen un total de 48 horas anuais e para o seu desfrute negociaranse as datas entre o representante da empresa e os traballadores.

Capítulo VI

Artigo 34º

O presente convenio ten efectos retroactivos para tódolos efectos desde o día 1 de xaneiro de 1995.

Cláusula adicional primeira. Tódalas melloras que veñan reflectidas no convenio provincial estatal de hostelería serán aplicadas a este convenio.

Cláusula adicional segunda. Ó remate da vixencia deste convenio os traballadores afectados por el poderán optar por continuar co convenio da empresa ou adherirse ó convenio de ámbito provincial se coidasen que as súas condicións son máis beneficiosas no seu conxunto que as establecidas no convenio da empresa.

Cláusula adicional terceira. Para tódolos efectos respectarase o contido na acta nº 1 do 10-4-1995, onde se recollen as revisións da masa salarial, que figuran nas táboas de retribucións que se xuntan como anexo I do presente convenio.

Cláusula adicional cuarta. Comisión paritaria. De acordo co contido do artigo 85.2º e) do texto refundido da lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, acórdase a designación dunha comisión paritaria, órgano de interpretación e arbitraxe, que exercerá as funcións de vixilancia e control da aplicación das normas contidas neste convenio.

A comisión paritaria estará composta como segue:

Parte empresarial:

Orlando Blanco Armada

Parte social:

Obdulia Rozadas Sánchez

José Manuel Álvarez Rodríguez

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL 1995

Categorías

Salario base

mensual

Plus de cantidade

de traballo mensual

Plus transporte

mensual

Total mensualTotal anual

Xerente113.0159.7365.843128.5941.882.173
Oficial administrativo 96.7239.7365.843112.3021.637.793

Encargado 96.7239.7365.843112.3021.637.793
Cociñeiro 96.7239.7365.843112.3021.637.793
Camareiro 96.7239.7365.843112.3021.637.793
Axudante 93.2439.7365.843108.8221.585.593
Fregadora 93.2439.7365.843108.8221.585.593

Aprendices: o salario dos aprendices será o fixado no Real decreto 2317/1993 na Lei 10/1994.

ANEXO II

HORARIO DE TRABALLO

Mañá

Total horas

quenda de mañá

TardeTotal horas

quenda de tarde

Días laborables

á semana

Días libres

á semana

7.30 a 15.30815 a 23852

6590