Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 14 de setembro de 1995, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificiación puntual do plan xeral de ordenación urbana da Coruña, limitada á adición de dous apartados ós artigos 70.4º e 81 da normativa, coa seguinte redacción:

Artigo 70.4.

«Coa finalidade de establecer criterios de carácter xeral para efectua-la delimitación das unidades de execución establécense as seguintes regras:

1. Cando o ámbito da unidade de execución dea fronte a unha vía da rede viaria principal que xa estea urbanizada, a delimitación axustarase á liña de urbanización, salvo que conste expresamente e de xeito indubidable a reserva de dereitos para a súa utilización no interior da unidade de execución. Se a dita vía está sen urbanizar na súa totalidade, será o eixo da vía o que marque a liña de delimitación, e farase coincidi-la liña de delimitación no caso de urbanización parcial polo límite desta.

2. Nos restantes casos, e co fin de regulariza-la afectacion de propiedades afectadas parcialmente, poderá levarse a delimitación polo límite das parcelas, sen que en ningún caso esta facultade poida converterse en técnica de ampliación substancial do ámbito de actuación.

3. En calquera caso e con carácter obrigatorio, incluriranse os espacios que linden con medianeiras vistas de edificios existentes, coa finalidade de que estas poidan ser ocultadas. Cando existan edificios situados no bordo do ámbito da unidade de execución e compatibles coa ordenación vixente, a delimitación chegará ata as fachadas do edificio para facer posible a súa integración na futura ordenación».

Artigo 81

«Nos ambitos correspondentes a sectores de planeamento situados en solo urbanizable e nas unidades de execución en solo urbano incluídas no catálogo de accións do programa do plan xeral de ordenación urbana, os repectivos plans parciais ou plans especiais poderán establecer condicións de ordenación que, sen alteraren outras determinacións, supoñan a superación das alturas máximas recollidas no apartado anterior».

Segundo.-Somete-la modificación que se deixa proposta ó trámite de información pública polo prazo de un mes, durante o cal poderán presentarse algacións en calquera dos rexistros oficiais do concello ou a través de calquera dos procedementos admitidos en dereito, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, BOP e prensa local.

Terceiro.-Remitir á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a copia íntegra do presente acordo, xunto con copia do expediente, para os efectos do previsto no artigo 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, sobre delegación de competencias en materia de urbanismo.

O que se fai público para xeral coñecemento co fin de que, á vista do expediente, poidan formularse as alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de setembro de 1995.

P.D.

O alcalde

Rubricado

9506422