Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1995 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa para a adquisición dunha parte do baixo-entreplanta (cunha superficie total de 640 m) e 6 prazas de garaxe, no edificio colindante coa sede rectoral sito na rúa Areal número 50 de Vigo.

De acordo coa lexislación que regula os contratos patrimoniais da Administración do Estado e de conformidade coas competencias que teño atribuídas na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria,

RESOLVO:

Facer públicas as razóns polas que despois da tramitación do correspondente expediente se utiliza o procedemento de contratación directa para a adquisición dunha parte do baixo-entreplanta (cunha superficie total de 640 m) e 6 prazas de garaxe, no edificio colindante coa sede rectoral sito na rúa Areal nº 50 de Vigo, que se basean nas peculiaridades do inmoble: -superficie e distribución idóneas, -seguridade, -proximidade ás actuais oficinas administrativas, -posibilidade de conexión e integración co novo edificio que a universidade pertende realizar como ampliación do existente na rúa Oporto, -prezo ofertado pola empresa inferior ó valor actual do mercado inmobi

liario segundo taxación periciais, tendo en conta localización e materiais, e -non existindo edificio colindante ninhún ó que reúna no seu conxunto tódalas condicións sinaladas.

Vigo, 28 de setembro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

95-06408