Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e polo trámite de urxencia, para a licitación das obras de rehabilitación integral e ampliación dun edificio para sede do xulgado de Sarria (Lugo).

Obxecto do contrato: rehabilitación integral e ampliación dun edificio para sede do xulgado de Sarria (Lugo).

Orzamento: 77.072.l09 pesetas.

Prazo de execución: l2 meses.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Presupostario), os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3º andar, Santiago de Compostela.

As copias da documentación e proxecto poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L. rúa Rosalía de Castro, 5l-baixo, Santiago de Compostela l5703, teléfono (98l) 59 78 55, mediante aboamento do seu importe.

Fianza provisional: l.54l.443 pesetas.

Fianza definitiva: 2.082.886 pesetas.

Clasificación que se esixe: grupo C, subgrupo C2, categoría e).

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta no anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobres pechados, lacrados e asinados polo licitador no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais sito no complexo administrativo de San Caetano,

edificio nº 5, 3º andar, Santiago de Compostela, antes das l4 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, urxente, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama no mesmo día.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3º andar, Santiago de Compostela, as l2 horas do sexto día natural contado desde o seguinte a aquel no que se remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento de anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do concurso.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de l995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

6609