Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Sindicato Independiente de Reparaciones Navales Sirena.

En cumplimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos do Sindicato Independiente de Reparaciones Navales Sirena, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer ó devandito sindicado tódolos traballadores relacionados coa reparación de buques e/ou artefactos flotantes de calquera clase ou os seus elementos estructurais, de maquinaria ou de servicios que o desexen, sen distinción de raza, sexo, ideoloxía, nacionalidade, condición social ou laboral.

Asinan a acta de constitución: Juan B. Marcote e catorce persoas máis.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

95-6608