Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.639

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 28 de agosto de 1995 pola que se regulan as subvencións á exhibición pola proxección de películas comunitarias.

As salas de exhibición cinematográfica son un foro cultural particularmente importante na sociedade actual. Son, así mesmo, a principal plataforma da producción cinematográfica europea presente. Na actualidade, son as comunidades autónomas a administración competente para convocar e conceder axudas á exhibición cinematográfica, conforme os criterios establecidos no Real decreto 1282/1989 e a Orde do 12 de marzo de 1990 do Ministerio de Cultura. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Convócanse subvencións a salas de exhibición cinematográfica que proxectasen películas comunitarias beneficiarias das axudas á distribución convocadas polas ordes ministeriais do 19 de xaneiro de 1993 e a do 18 de febreiro de 1992 e pola resolución do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais do 14 de xullo de 1995, con cargo ás aplicacións orzamentarias 10.02.353.C.470.08 e 10.02.353.C.470.05 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995.

Artigo 2º

Poderán optar ás subvencións os titulares de salas de exhibición cinematográfica situadas en Galicia que, mediante as normas previstas no Real decreto 1282/1989, do 28 de agosto, e a Orde do 12 de marzo de 1990, acrediten ter proxectado películas da Comunidade Europea beneficiarias das axudas á distribución convocadas polas ordes ministeriais do 19 de xaneiro de 1993 e a do 18 de febreiro de 1992 e pola resolución do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais do 14 de xullo de 1995 (segundo as listas que figuran como anexo I e II da presente orde), e que estean inscritos no rexistro de empresas do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais.

As películas relacionadas no anexo I xerarán dereitos á subvención durante os dous primeiros anos contados a partir do día da súa estrea comercial en España ata a data límite do 31 de decembro de 1994.

No caso das películas sinaladas no anexo II que xa foron subvencionadas no exercicio de 1994, computarase o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1994 e a data en que completen os dous anos de explotación comercial, contados a partir do día da súa estrea comercial en España, sendo igualmente a data límite do cómputo o 31 de decembro de 1994.

Nos programas dobres computarase o 50% dos ingresos das entradas de cada película, sempre que na programación se exhiban unicamente as ditas películas.

Artigo 3º

A contía das axudas será igual á aplicación de ata un 5% dos ingresos brutos das entradas xerados pola proxección das películas comunitarias relacionadas nos anexos I e II.

Non se aplicará o disposto no artigo 47.2º da Orde do 12 de marzo de 1990.

Artigo 4º

As solicitudes faranse mediante instancia dirixida ó conselleiro de Cultura, segundo o modelo que figura como anexo III desta orde, e presentarana no rexistro xeral da Consellería de Cultura ou nos rexistros das delegacións provinciais desta, sen prexuízo do establecido no artigo 38.4º da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Xuntaranse os seguintes documentos:

1. Instancia.

2. Fotocopia do DNI do solicitante e acreditación suficiente da súa titularidade sobre a sala.

3. Documentación acreditativa da inscrición da sala no rexistro de empresas do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais.

4. Fotocopias compulsadas do documento acreditativo de estar ó día no pagamento do imposto de actividades económicas.

5. Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal.

6. Acreditación da actividade mediante a presentación de fotocopia compulsada dos partes de declaración de exhibición semanal debidamente completadas pola Sociedad General de Autores de España.

7. Relación das películas comunitarias incluídas nas listas dos anexos I e II proxectadas na sala coas datas de proxección e recadación.

8. Para efectos de posibilita-la liquidación do importe da subvención que correspondese, deberán achegar certificacións de estar ó día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social así como de non ter débedas coa Xunta de Galicia. Así mesmo, deberán achegar certificado bancario da existencia da conta da que o solicitante sexa o titular.

Artigo 5º

Recibidas as solicitudes de subvención e a súa documentación, serán analizadas polos servicios competentes da Dirección Xeral de Cultura e o director xeral de Cultura elevará a correspondente proposta ó conselleiro de Cultura, que resolverá.

Artigo 6º

Unha vez resolta e notificada a concesión da subvención librarase a cantidade adxudicada sempre e cando consten na Dirección Xeral de Cultura as certificacións sinaladas no punto 8 do artigo 4º.

Artigo 7º

No caso de que o beneficiario da subvención incumprise algunha das condicións ou obrigas estipuladas, a Consellería de Cultura instruirá expediente sancionador, conforme o previsto na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e, se procede, anulará os beneficios concedidos e solicitará a devolución das cantidades percibidas, se as houber, segundo o procedemento que establece o Regulamento xeral de recadación.

Artigo 8º

De non notificarse resolución favorable no prazo de tres meses a partir da presentación da solicitude, entenderase rexeitada a petición correspondente e

poderá o solicitante a partir desa data retira-la documentación presentada nos 30 días seguintes. Transcorrido este prazo arquivarase sen máis trámite.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Cultura para dictar, no ámbito das súas competencias, cantas disposicións considere precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

Sr. Director Xeral de Cultura

9506462