Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.636

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de setembro de 1995 de corrección de erros á do 23 de febreiro de 1994, pola que se fixo pública a relación de profesores que acadaron a cualificación de apto nos cursos de formación de profesores especialistas en lingua galega para profesores de educación infantil, primaria e básica convocados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Advertidos erros nos texto da orde citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 78 do 25 de abril de 1994, transcríbeuse a seguir as oportunas emendas.

Na páxina 2.206, no listado correspondente ó curso de A Coruña (1), onde di: «González Pan, Jesús», debe dicir: «González Paz, Jesús».

Na páxina 2.206, no listado correspondente ó curso de Noia, onde di: «Álvarez Maías, María», debe dicir: «Álvarez Marías, María».

Na páxina 2.208, no listado correspondente ó curso de Lugo (1), onde di: «Insua Villamayor, Dolores», debe dicir: «Insua Villamayor, Manuel».

Na páxina 2.208, no listado correspondente ó curso de Ourense (1), onde di: «López Varela, María José», debe dicir: «López Álvarez, María José».

Na páxina 2.208, no listado correspondente ó curso de Ourense (2) inclúese como apta «Alonso Pérez, Concepción».

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

6384