Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 13 de outubro de 1995 Páx. 7.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 26 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para execución de instalacións eléctricas. (Expediente número 52763).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación por Decreto 229/1995, do 20 de xullo, (Diario Oficial de Galicia de data 2 de agosto de 1995), para expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións da liña

eléctrica a 15/20 kV e centro de transformación en Nigrofe, Miño, da que és propietaria e benficiaria deste procedemento expropiatorio a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004, A Coruña. Fáiselles saber a tódolos interesados propostos neste expediente, os que se lles practicará notificación para o efecto, que o representante da Administración procederá, o día 31 de outubro de 1995, a partir das 12 horas, ó levantamento, sobre o terreo, das actas previas á ocupación dos predios afectados polas ditas instalacións.

A relación dos predios afectados para os que se segue este proceso expropiatorio, foi publicada no BOP da Coruña, de data 10 de febreiro de 1995. Exclúense os predios con mutuo acordo que se notificaran no espediente.

Advirtéselles ós interesados que, no día e hora sinalados para o levantamento das actas, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, pola súa conta, e formular ante esta delegación ata aquel momento, as alegacións para os únicos efectos de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados

A Coruña, 26 de setembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur-Otero

Delegado Provincial da Coruña

95-6381