Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 13 de outubro de 1995 Páx. 7.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 13 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do P.I. Villar número 4760.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense dá a coñecer que José Ramón Rodríguez González presentou nesta delegación o 20 de marzo de 1995, instancia-solicitude do P.I. Villar nº 4760, de 30 cuadrículas mineiras para recursos de sección C no concello de Padrenda, Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice 18º 09' 40''42º 09' 00''

Vértice 28º 07' 40''42º 09' 00''

Vértice 37º 07' 40''42º 07' 20''

Vértice 47º 09' 40''42º 07' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, agás mellor dereito, e sen perxuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles, nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 13 de setembro de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado Provincial de Ourense

6579