Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 13 de outubro de 1995 Páx. 7.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de setembro de 1995, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes número PO-02477-O-94 e tres máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes dentro do prazo de un mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 14 de setembro de 1995.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra

ANEXO

Precepto

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data, hora, estrada e P.K.

InfrinxidoSancionadorSanción

proposta

PO-02477-O-94

PO-7597-AM

Garda civil

de tráfico

Taboada Alonso, José

Avda. Vigo, 103-Chapela

36320 Redondela-Pontevedra

Circular transportando paquetería para repartilos por varios lugares, carecendo de distintivos de radio de acción.

Servicio público.

7-10-1994; 9.30; N-552; 4,500

Art. 142 C LOTT

Art. 199 C ROTT

CM 25-10-1990

143 LOTT

201 ROTT

15.000

Precepto

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data, hora, estrada e P.K.

InfrinxidoSancionadorSanción

proposta

PO-03065-O-1994

PO-3634-AS

Garda civil

de tráfico

Pescabeluso, S.L.

Alfonso R. Castelao, 3

36930 Bueu-Pontevedra

Realizar un transporte de peixe desde Marín ata a lonxa de Ribeira, carecendo da tarxeta visado de transportes.

Servicio privado. Vehículo lixeiro. Múltase por non levar tarxeta á vista.

22-11-1994; 18; C-531; 4

Art. 142 b) LOTT

Art. 199 b) ROTT

143 LOTT

201 ROTT

5.000
PO-03028-O-94

PO-3462-AB

Garda civil

de tráfico

García Comesaña,

José Antonio

Avda. Fragoso, 100-7º

36210 Vigo-Pontevedra

Realizar un transporte de vigas metálicas e bombonas de gas, entre Santo André de Comesaña e Vigo, carecendo de tarxeta visado de transportes; carece de tódolos disitintivos da tarxeta de transportes.

Servicio privado. Vehículo lixeiro.

23-11-1994; 10.20; C-550; 131

Art. 141 b) en relac. Art. 142 m) e 103 LOTT.

Art. 198 b) e 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000
PO-03114-O-94

PO-0400-J

Garda civil

de tráfico

Hermida Leyenda,

Ramón Julio

Torrecedeira, 10-1-D

36202 Vigo-Pontevedra

Realizar un transporte privado complementario, de mercadurías (lubricantes), desde Atios ata Vigo, carecendo da tarxeta visado de transportes.

Servicio privado. Vehículo lixeiro.

14-11-1994; 11.30; N-550; 159

Art. 141 b) en relac. 142 m) e 103 LOTT.

Art. 198 b) e 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

95-6283