Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 13 de outubro de 1995 Páx. 7.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1995 da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7012; XG-386, entre Rubiás e O Carballiño (Provincia de Ourense).

Fidel Martínez González, en representación da empresa Autos González, S.L., titular da concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7012; XG-386 entre Rubías e O Carballiño, e Manuel Carballeda Ramos, en representación de Empresa Montañesa, S.L., solicitaron conxuntamente o cambio de titularidade da citada concesión a favor desta última.

Con data do 7 de agosto de 1995, a Dirección Xeral de Transportes autorizou o cambio de titularidade condicionado á formación da cesión en escritura pública.

Unha vez cumprido o requisito esixido, esta dirección xeral resolve autoriza-lo cambio de titularidade,

quedando subrogada Empresa Montañesa, S.L., nos dereitos e obrigas do cedente frente á Administración

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director Xeral de Transportes

95-6337