Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 13 de outubro de 1995 Páx. 7.619

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (48/1994).

Montserrat Arza Galán, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de xuízo ordinario declarativo de menor contía nº 48/1994, a pedimento de María Cristobo Suárez, representada polo procurador Avelino Calviño Gómez, contra os ignorados herdeiros ou, se é o caso, a herdanza xacente de Josefa Montes Rey e toda persoa física ou xurídica que pretenda oporse ás pretensións da demandante, con domicilio descoñecido, nos cales, por resolución con data 16 de xuño de 1994, acordouse empraza-lo referido demandado, ignorados herdeiros ou, se é o caso, a herdanza xacente de Josefa Montes Rey e toda persoa física ou xurídica que pretenda oporse ás pretensións da demandante, para que, no termo de dez días, compareza en autos, baixo apercibimento de que, se non comparece, será declarado en rebeldía e recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E, para a súa inserción nos xornais oficiais e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado e que lle sirva de emprazamento en forma ó demandado, expido o presente edicto en Padrón o dezasete de xuño de mil novecentos noventa e catro.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

95-6400