Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 13 de outubro de 1995 Páx. 7.618

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO de poxa (4/1995).

María Inmaculada Rodríguez Mahía, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes e o seu partido, fago saber que nos autos de Or. Sum. Hip. artigo 131 L. H. que se seguen neste xulgado co número 4/1995, promovidos por Caixa Vigo, representado polo procurador Manuel Castro del Río, contra entidade mercantil Gomofi, S.L. sobre reclamación de

crédito hipotecario e contía de 30-200.000 ptas., acordouse sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os predios dos que os prezos taxados polos interesados son os da escritura de constitución da hipoteca, e que se describen ó final, e o seu remate terá lugar nas datas e baixo as condicións seguintes:

Sinalamentos das poxas:

Primeira poxa. Para celebra-lo día 22 de novembro de 1995, ás 11 horas.

Segunda poxa. Para celebra-lo día 19 de xaneiro de 1996, ás 10 horas.

Terceira poxa. Para celebra-lo día 29 de febreiro de 1996, ás 12 horas.

Condicións das poxas.

Primeira.-Os autos e a certificación do Rexistro da Propiedade están de manifesto na secretaría do xulgado.

Segunda.-Desde o anuncio ata a celebración da poxa, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, achegando a este o resgardo acreditativo de ter ingresada a consignación que logo se sinalará; as ofertas conservaranse en poder do secretario do xulgado e abriranse no acto do remate.

Terceira.-Para tomar parte na primeira poxa, deberán os interesados ingresar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, número 1569000180113893 do Banco Bilbao Vizcaya, S.A., unha cantidade igual, polo menos, ó 20% da taxación dos predios.

Cuarta.-As ofertas poderán facerse en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

Quinta.-Para o caso de non haber oferta admisible na primeira poxa, convócase unha segunda coa rebaixa do 25% da taxación, baixo as mesmas condicións que quedan ditas; e establecerase a consignación á que se refire o apartado anterior no 20% da cantidade rebaixada.

Sexta.-A teceira poxa, se é o caso, convócase sen suxeición a tipo, nas mesmas condicións cás anteriores, e deberán consigna-los interesados para poder participar nela unha cantidade igual cá sinalada para a segunda poxa.

Sétima.-A parte demandante está exenta da consignación establecida como requisito para poder participar nas poxas.

Oitava.-Enténdese que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os hai, ó crédito do demandante continuarán subsistentes, e enténdese que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Predios para poxar e o seu tipo.

1. Local número catro, sito na segunda planta, piso segundo, letra A. Destínase a vivenda e está distribuído en vestíbulo, corredor, cociña, dous cuartos de baño, salón-comedor-cuarto de estar e tres dormitorios (con armarios empotrados e o principal con un dos cuartos de baño). Ten unha superficie útil de uns setenta e catro metros cadrados. Linda, mirando ó fronte do edificio, norte ou costas, escaleiras e relanzo destas, patio de luces e vivendas B e C desta planta; sur ou fronte, rúa de situación e vivendas B e C desta planta; leste ou dereita, patio de luces e vivenda C desta planta; e oeste ou esquerda, patio de luces, relanzo das escaleiras e vivenda B desta planta. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 528, libro 132, folio 157, predio nº 20.025. Tipo de taxación para efectos de poxa: 8.832.000 ptas.

2. Local número cinco, sito na segunda planta, piso segundo, letra B. Destínase a vivenda. Está distribuído en vestíbulo, corredor, cociña, dous cuartos de baño, salón-comedor-estar e tres dormitorios (con armarios empotrados e o principal con un dos cuartos de baño). Ademais ten un tendedeiro. Superficie útil uns noventa metros cadrados. Linda, mirando ó fronte do edificio, norte e costas, columna de aire sobre a terraza do local número tres (planta primeira) e, en parte, vivenda A desta planta; sur ou fronte, rúa de situación e, en parte, vivenda A desta planta; leste ou dereita, vivendas A e C desta planta, oco do ascensor e relanzo de escaleiras; e oeste ou esquerda Benjamín Recouso Martínez e outros. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 528, libro 132, folio 160, predio nº 20.027. Tipo de taxación para efectos de poxa: 9.792.000 ptas.

3. Local número seis, sito na segunda planta, piso segundo, letra C. Destínase a vivenda e está distribuído en vestíbulo, corredor, cociña, dous cuartos de baño, salón-comedor-estar e tres dormitorios (con armarios empotrados e o principal con un dos do cuarto de baño). Ten ademais distribuidor, trasteiro e tendedeiro. Ten unha superficie útil de uns noventa e oito metros cadrados. Linda, mirando ó fronte do edificio, norte ou costas, columna de aire sobre a terraza do local número tres (planta primeira) e, en parte, a piso A desta planta; leste ou dereita, José Bestilleiro Docampo e outros; e oeste ou esquerda, vivendas A e B, oco do ascensor e relanzo das escaleiras. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 528, libro 132, folio 163, predio 20.029. Tipo de taxación para efectos de poxa: 10.752.000 ptas.

E, para que así conste e sirva de anuncio no taboleiro de anuncios deste xulgado para os diarios oficiais nos que se acordou a súa inserción, así como de notificación ó/s debedor/es en caso de que este/s non se atopase/n no predio, expido, selo e asino o presente edicto en Ordes o 22 de setembro de 1995.

Inmaculada Rodríguez Mahía

Secretaria

95-6402