Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1995, da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concurso público para a renovación do sistema de monitorización de coidados críticos do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza.

A Xerencia do Complexo Hospitario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3-10-1994) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde convoca o concurso público 15/1995, para a subministración de renovación do sistema de monitorización de coidados críticos para o Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza.

1. Servicio que adxudica o contrato: Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza. Dirección de Xestión, Sección de Investimentos, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono (981) 17 80 73, fax (981) 17 80 71.

2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza.

b) Natureza e extensión das prestacións, características xerais da subministración: plan de necesi

dades. Renovación do sistema de monitorización de coidados críticos (véxase prego de condicións técnicas e/ou especiais).

Orzamento total: 44.625.000 ptas. (corenta e catro millóns seiscentas vintecinco mil pesetas), IVE engadido.

c) División en lotes: deberá licitarse pola totalidade (véxase prego de condicións e folla de especificacións).

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: 20 días.

5. a) Obtención do prego de condicións e dos documentos complementarios: enderezo e servicio indicados no punto 1.

b) Data límite para solicita-los documentos: 9 de novembro de 1995.

6. a) Data límite de recepción das ofertas. 16 de novembro de 1995.

b) Enderezo á que deben remitirse: enderezo e servicio indicados no punto 1.

c) Idioma en que debe redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 27 de novembro, 10 horas. Enderezo indicado no punto 1.

8. Fianzas e garantías esixidas: provisional 2% (cláusula 9.2 do prego de condicións). Definitiva 4% (cláusula 13.2 do prego de condicións).

9. Modalidades esenciais de financiamento e pago: ver prego de condicións e apartado 10 folla de especificacións.

10. Forma xurídica que deberá asumi-la agrupación de contratistas a quen se adxudique o contrato.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico que debe satisface-lo contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares e folla de especificacións.

12. Prazo durante o cal o licitador queda vinculado á súa oferta: tres meses desde a da apertura de proposicións (artigo 116 do Regulamento xeral de contratación).

13. Criterios que serán empregados para adxudica-lo contrato: ver prego de condicións.

14. Outras informacións: enderezo e servicio indicado no punto 1.

15. Data de envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das Comunidades Europeas: 25 de setembro de 1995.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais correrá por conta do adxudicatario.

A Coruña, 19 de setembro de 1995.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza

9506503