Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1995, da Dirección-Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se anuncia concurso público por procedemento aberto, para a subministración de mobiliario xeral, mobiliario clínico, aparellos e instrumental. (C.P. 3/1995).

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde de 15 de setembro de 1994, (DOG do 3 de outubro), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais convoca o seguinte concurso público nº 3/1995.

-Obxecto: subministración de mobiliario xeral e clínico, aparellos e instrumental, por un orzamento de contrata de dezanove millóns, trescentas trinta e unha mil setecentas cincuenta mil ptas. (19.331.750 ptas.)

-Forma de adxudicación: concurso público por procedemento aberto.

-Prazo de entrega: un mes desde a data de adxudicación.

-Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria, área norte (Avda. de Vigo, 16, 36006 Pontevedra), en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

-Fianzas: a) provisional: non se esixe. b) definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta xerencia de atención primaria en Avda. de Vigo, 16, 36006 Pontevedra, antes das 14 horas do viséximo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

-Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da xerencia de atención primaria, área sur (Vigo), ás 9 horas do décimo cuarto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de pre

sentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

-Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

A solvencia económica e financeira acreditarase por un dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

-A solvencia técnica acreditarase por medio de:

-Mostras, descricións e fotografías dos productos que hai que subministrar.

-Descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

-Certificacións establecidas polos institutos ou servicios oficiais e homologados, encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos artigos ben identificados coa referencia a certas especificacións ou normas.

-Variantes: non se admiten.

-Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 12 de setembro de 1995.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo

95-6302