Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.562

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 255/1995, do 29 de setembro, polo que se desafecta do dominio público parte do inmoble onde se ubica o centro de formación ocupacional Santa María de Europa, sito na rúa da Carballeira, s/n, de Ourense.

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude solicitou da Consellería de Economía e Facenda a incoación do expediente de desafectación do dominio público de parte das instalacións do edificio onde se situa o centro de formación ocupacional Santa María de Europa, tendo en conta a non utilización delas e a previsión de non seren necesarias no futuro.

O artigo 10.1º da Lei 3/85, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos de lexislación da expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título.

O apartado segundo do antedito artigo establece que a desafectación dos bens de dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia deberá facerse mediante acordo do Consello da Xunta, logo de instrucción do expediente pola Consellería de Economía e Facenda, por instancia da consellería interesada, e sempre que se acredite a desaparición das causas xustificativas da afectación.

Por todo isto, de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de setembro de de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctase do dominio público unha superficie aproximada de 2.189,42 m, situada na ala esquerda do edificio onde se ubica o Centro de Formación Ocupacional Santa María de Europa, sito na rúa da Carballeira, s/n, de Ourense, distribuídas da seguinte forma: 81,78 m na planta soto, 680,85 m na planta baixa, 726,51 m na primeira planta, 700,28 m na planta baixo cuberta.

Artigo 2º

As superficies anteriormente descritas adquiren natureza patrimonial, sen prexuízo do cumprimento da recepción formal por parte da Consellería de Economía e Facenda dos bens desafectados de conformidade co disposto no artigo 27 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento

para a execución da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Santiago de Compostela o vintenove de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

95-6458