Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.561

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 254/1995, do 29 de setembro, polo que se nomean os membros que compoñen a Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

De conformidade co Decreto 137/1995, do 10 de maio, que no seu artigo único establece a composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, dictado para dar cumprimento á Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, que no seu artigo 11.1º crea a Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia como órgano encargado da planificación, elaboración, coordinación e seguimento do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de setembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

De acordo co disposto no artigo único do Decreto 137/1995, de 10 de maio, que desenvolve o artigo 11.2º da Lei 12/1993, do 29 de xullo, os membros integrantes da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia serán os seguintes:

1. O presidente, que será o presidente da Xunta de Galicia.

2. O vicepresidente, que será o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

3. Os vocais:

-José Manuel Touriñán López, director xeral de Universidades e Investigación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-José Ángel Veiga Abeledo, director xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Juan Rodríguez Yuste, director xeral de Planificación Económica e Relacións coa Unión Europea da Consellería de Economía e Facenda.

-José Antonio Redondo López, director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-Joaquín del Moral Crespo, director xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio.

-Ángel Ligero Fraile de Tejada, director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

-Ángel Sicart Giménez, director xeral de Patrimonio Histórico e Documental da Consellería de Cultura.

-Jaime Jesús Torres Rey, director xeral de Asistencia Sanitaria do Servicio Galego de Saúde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Ana Gallego Castro, directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Juan Pedrosa Vicente, director xeral de Relacións Laborais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Javier Batán Rodríguez, secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

4. Secretario, actuará como tal, Joaquín Garrido Vázquez como secretario xeral do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Disposición derradeira

O presente Decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela o 29 de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-6457