Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 10 de outubro de 1995 Páx. 7.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

BASES para a selección por concurso-oposición de dúas prazas laborais fixas de limpador/a de escolas e edificios municipais.

1. Obxecto da convocatoria.

O obxecto da presente convocatoria é a selección mediante concurso-oposición (probas e avaliación de méritos) de dúas prazas laborais fixas de limpador/a de colexios e edificios municipais vacantes no cadro de persoal deste concello.

2. Condición dos aspirantes.

Para tomar parte neste concurso-oposición será necesario reuni-los seguintes requisitos ou condi

cións, en todo caso con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de instancias:

-Se español/a maior de 18 anos de idade, sen exceder dos 55.

-Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida ou imposibilite o desempeño das correspondentes funcións.

-Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, ás comunidades autónomas ou ás entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

-Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade, conforme a normativa vixente.

-Estar en posesión do título de certificado escolar, estudios primario ou equivalente, ou en condicións de obtelo con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de instancias.

3. Presentación de instancias.

Os interesados en tomar parte na citada provisión terán que presentar no rexistro xeral do Concello da Guarda instancia na que fagan constar que reúnen todas e cada unha das condicións sinaladas na base 2ª desta convocatoria e no prazo de 20 días hábiles, contados a partir da publicación desta no DOG.

Igualmente, os aspirantes terán que xuntar á súa solicitude os documentos acreditativos dos méritos que aleguen. O incumprimento deste requisito impedirá que o tribunal teña en conta estes na correspondente fase de avaliación.

As instancias/solicitudes tamén se poderán presentar nas formas que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das AA.PP. e procedemento administrativo común.

Os/As aspirantes deberán unir á solicitude o certificado de méritos alegados, ademais de fotocopia do DNI e xustificante acreditativo de ter ingresada a cantidade de 1.000 ptas. en concepto de dereito de exame.

No caso de que o citado ingreso se fixese por xiro postal, ingreso en conta bancaria, etc., o xustificante de ingreso terá que ir acompañado das instancias presentadas.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a presidencia da corporación aprobará mediante resolución a lista de admitidos e excluídos, a designación do tribunal avaliador, a orde de actuación dos aspirantes, así como o lugar e data de comezo das probas, resolución que será publicada no BOP e no taboleiro de edictos do concello con indicación do prazo de corrección de erros que, de conformidade co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, se lles conceda ós excluídos.

A publicación da devandita resolución no BOP será determinante nos prazos de posibles impugnacións, recusacións ou recursos, segundo a invocada lei.

4. Tribunal avaliador.

Presidente: o da corporación ou concelleiro en quen delegue.

Secretario: a da corporación ou funcionario en que delegue.

Vocais: un concelleiro nomeado pola alcaldía.

Un funcionario de carreira do concello.

Un representante nomeado polas distintas organizacións sindicais, de conformidade co aprobado na correspondente mesa de negociación.

De cada un dos membros anteriores nomearanse tamén os correspondentes suplentes.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal de conformidade co previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico e do procedemento administrativo común.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros titulares ou suplentes indistintamente.

5. Sistema de selección.

A selección dos aspirantes será polo procedemento de concurso-oposición libre, e a fase de oposición será anterior á de concurso.

6.Fase de oposición.

De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes; consistirá nun único exercicio composto de ata tres probas relacionadas coas funcións que hai que desempeñar.

Fase de concurso.

Os aspirantes que superasen o exercicio eliminatorio da fase de oposición, e que tivesen presentado de conformidade coas presentes bases os correspondentes méritos, serán considerados na fase de concurso conforme o seguinte baremo de méritos:

-0,20 puntos por cada mes traballado ó servicio de calquera Administración pública española, ata un máximo de 2 puntos.

-0,20 puntos por cada mes traballado, e ata un máximo de 1 punto, ó servicio de entidades privadas.

Os citados servicios, tanto na Administración pública como a favor de entidades privadas, referiranse en todo caso ás funcións de limpeza, propias das prazas que se van cubrir.

Os citados méritos valoraranse con referencia á data na que remate o prazo de presentación de instancias e acreditaranse ben por certificado da Administración pública, na que se faga consta-la alta do traballador na Seguridade Social ou cobertura sanitaria correspondente, ben tanto no caso da Administración pública, coma no caso das entidades privadas a través do correspondente contrato debidamente selado na oficina de emprego correspondente.

Cualificación dos exercicios:

O exercicio da fase de oposición será valorado conxuntamente de 0 a 10 puntos cada unha das probas,

e será eliminado o/a aspirante que non consiga un mínimo de 5 puntos en cada unha delas.

A cualificación obterase sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo número de asistentes a aquel; e será a cualificación definitiva neste primeiro exercicio a suma dos difierentes cocientes das tres probas.

Rematado este exercicio, o tribunal fará pública na Casa do Concello ou naqueloutro que considerara oportuno, a relación dos/as aspirantes que o superasen, con indicación da puntuación obtida.

Os aspirantes que non estivesen incluídos na citada relación terán a consideración de non aptos.

A puntuación obtida na fase de oposición sumarase á puntuación obtida na fase de concurso trala correspondente avaliación polo tribunal. O total da puntuación alcanzada por cada aspirante determinará a orde de prelación para a proposta de avaliación final efectuada polo tribunal.

Relación de aprobados:

Rematadas as probase selectivas, o tribunal fará pública a relación de aspirantes aprobados por orde de puntuación obtida, con indicación desta, na fase de oposición e na fase de concurso, e proporá para o seu nomeamento soamente aqueles dous aspirantes que obtivesen a maior puntuación total, pondo en coñecemento do presidente desta corporación a correspondente proposta.

O tribunal non poderá propor máis aspirantes ca prazas convocadas. Calquera proposta que contraviñese o establecido será nula de pleno dereito.

7. Presentación da documentación.

O aspirante proposto presentará no prazo de 20 días naturais, desde que se faga pública a relación de aprobados, os documentos acreditativos das condicións de capacidade e demais requisitos esixidos na base 2ª desta convocatoria.

Se dentro do prazo indicado, e salvo casos de forza maior, non presentase a documentación, non poderá ser nomeado e quedarían anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidesen incorrer por falsidade na súa instancia.

Neste caso, a presidencia da Corporación formulará proposta a favor do aspirante que, tendo aprobados os exercicios da oposición, tivese cabida no número de prazas convocadas como consecuencia da referida anulación.

Unha vez presentada a documentación, o aspirante proposto será nomeado persoal laboral fixo deste concello para cubri-lo posto, se a documentación presentada se atopase conforme co que se determina na base 2ª da presente convocatoria, e terá que tomar posesión no prazo de 30 días hábiles a partir do seguinte a aquel no que lle fose notificado o nomeamento.

No suposto de non o facer no prazo indicado sen causa xustificada, entenderase que renuncia ó posto.

Igualmente, o nomeamento publicarase no BOE.

Incidencias:

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se derivasen desta e da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e formas previstas na Lei 30/1992.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se lle presentasen e toma-los acordos precisos para o bo fin do concurso-oposición. Con todo, no non previsto por estas bases, rexerán como supletorias a Lei 7/1985, do 2 de abril; R.D.L. 781/1986, do 18 de abril e demais disposicións concordantes.

Rubricado

6255