Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 10 de outubro de 1995 Páx. 7.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1995 pola que se anuncia concurso con intervención de xurado, de acordo co disposto no artigo 216 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, para a adxudicación da redacción dun proxecto de obra de urbanización e axardinamento do Campus Universitario de Ourense (expediente número 306/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso con intervención de xurado para a adxudicación do traballo que a continución se indica:

-Obxecto: redacción dun proxecto de obra de urbanización e axardinamento do Campus Universitario de Ourense (Expte. nº 306/1995).

-Licitadores: persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Prego de cláusulas: tódolos interesados poderán exminiar e recolle-los pregos no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2º andar, 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

-Criterios de elección: adaptación a e calidade do conxunto da intervención. Custo total da intervención.

-Lugar de presentación de ofertas: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo r/ Oporto, 1-2º andar, 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a sábado, dirixidas ó presidente da mesa de contratación.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas comezará ó día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.

-Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario do proxecto.

Vigo, 27 de setembro de 1995.

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

6279