Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 10 de outubro de 1995 Páx. 7.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público por procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a sinalización e rotulación do complexo hospitalario (C.P. 9/1995).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Subministración: sinalización e rotulación do complexo hospitalario.

Orzamento: 10.000.000 de pesetas (IVE incluído).

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: 60 días, contados a partir da data da notificación da adxudicación.

Admisión de variantes: admítense, sempre e cando se cumpra o estipulado nás prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: non se esixe.

Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18, apartados a), b) e d), da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: 1) cCalidade, ata 4 puntos. 2) Valoraciónb técnica, ata 4 puntos. 3) Prazo de execución, ata 2 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospital Cristal Piñor, rúa Ramón Puga, 52, (edificio administración, planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 13 horas.

Fianza provisional: 200.000 pesetas. Deberá ser depositada previamente á licitación nalgunha das formas que establece o artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. No caso de ser constituída mediante aval, será suficiente a inclusión da póliza da entidade financeira pola que se formalice o aval.

Fianza definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar o órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 58 49 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa a Dirección Xerencia do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrán por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 21 de setembro de 1995.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario Cristal Piñor de Ourense

95-6494