Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 10 de outubro de 1995 Páx. 7.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1995, da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concursos públicos abertos polo trámite de urxencia para a subministración de 2 unidades odontolóxicas 2/1995, mobiliario xeral 3/1995, mobiliario clínico 4/1995, medios terapéuticos e de tratamento 5/1995, utensilios 6/1995, equipos de transmisión portátiles 7/1995, instrumental 8/1995 e aparellos e dispositivos xerais 9/1995.

A Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 191 do 3 de outubro), convoca os seguintes concursos públicos:

1. Obxecto e orzamento:

1.1. A adquisición de 2 unidades odontolóxicas 2/1995, por un orzamento de sete millóns seiscentas mil pesetas (7.600.000 ptas), imposto valor engadido incluído.

l.2. A adquisición de mobiliario xeral 3/1995, por un orzamento de dez millóns cento vintesete mil trescentas vinteunha pesetas (10.127.321 ptas), imposto valor engadido incluído.

1.3. A adquisición de mobiliario clínico 4/1995, por un orzamento de catro millóns trescentas vintesete mil duascentas sesenta e catro pesetas. (4.327.264 ptas), imposto valor engadido incluído.

1.4. A adquisición de medios terapeúticos e de tratamento 5/1995, por un orzamento de tres millóns cento setenta e tres mil novecentas cincuenta e tres pesetas (3.173.953 ptas), imposto valor engadido incluído.

1.5. A adquisición de utensilios 6/1995, por un orzamento de seis millóns doce mil seiscentas cuarenta e otio mil pesetas (6.012.648 ptas), imposto valor engadido incluído.

1.6. A adquisición de equipos de transmisión portátiles 7/1995, por un orzamento de tres millóns catrocentas cincuenta mil pesetas (3.450.000 ptas), imposto valor engadido incluído.

1.7. A adquisicón de instrumental 8/1995, por un orzamento de cinco millóns cincocentas trinta e seis mil novecentas cincuenta e oito pesetas (5.536.958 ptas), imposto valor engadido, incluído.

1.8. A adquisición de aparellos e dispositivos xerais 9/1995, por un orzamento de tres millóns novecentas unha mil duascentas pesetas (3.901.200 ptas), imposto valor engadido, incluído.

2. Prazo de execución: os bens obxecto dos presentes concursos públicos entregaranse no prazo de trinta días contados a partir da data de formalización do contrato.

3. Admisión de variantes: non se admiten.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase:

a) Informe de institucións financeiras o, se é o caso, xustificantes de existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

b) Se, por razóns xustificadas un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas poderán acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada como suficiente pola Administración, conforme o estipulado no Art. 16 da Lei 13/1995.

5. Solvencia técnica: acreditarase:

a) Descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

b) Indicación dos técnicos ou das unidades técnicas, integradas ou non pola empresa, participantes no contrato, especialmente daqueles encargados do control de calidade.

c) Mostras, descricións e fotografía dos productos que se van subministrar, conforme o estipulado no Art. 18 da Lei 13/1995.

6. Criterios de adxudicación:

1. Calidade

2. Asistencia técnica

3. Posibilidade de repostos

4. Servicio

5. Prezo

6. Mantemento

7. Características estéticas ou funcionais

8. Rendabilidade

9. Custo de utilización.

10.Valor técnico.

11. Prazo de execución ou entrega

12. Fórmula revisión

Todos y cada unos de los criterios indicados ponderaranse de 1 a 5 puntos.

7. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministración da Xerencia de Atención Primaria de Santiagod de Compostela, sito na rúa Santiago León de Caracas, nº 12 C.P. 15701, nos días de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono (981) 59 36 99 e fax (981) 59 08 26, durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Fianzas: o dous por cento dos orzamentos das licitacións, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da xerencia, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas, realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, ás 11 horas, do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: os anuncios dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1995.

Manuel Domínguez Sardiña

Director xerente da Xerencia de Atencion Primaria de Santiago de Compostela

95-6490