Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.503

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (164/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe que nos autos dos que se fará mérito, dictouse a sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o cinco de xullo de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 164/1995, seguidos por agresión; sendo denunciante Laura María Galli Santiago, maior de idade; e aparecendo como parte denunciada Fernando José Barcia Varela, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Fernando José Barcia Varela como autor responsable dunha falta de malos tratos de obra do artigo 582.2º do Código Penal, á pena de dous días de arresto menor. Así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que así conste e lles sirva de notificación en legal forma a Laura María Galli Santiago e Fernando José Barcia Varela, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6277