Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.503

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (414/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela. Dou fe que nos autos dos que se fará mérito, dictouse a sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e catro. Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas tramitados perante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, co número 414/1993; sendo denunciante Carmen Souto Rodríguez, maior de idade, natural de Teo, filla de José e Hortensia, con domicilio nesta cidade, Rúa de Conxo de abaixo, número 6-1º; e aparecendo como parte denunciada José Daniel González García, maior de idade, natural de Teo, fillo de José e Aurelia, con domicilio no lugar de Oza, rúa Vilanova, número 12, Teo, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a José Daniel González García da falta de ameazas que se lle imputa, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Carmen Souto Rodríguez, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6278