Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.502

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (407/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela. Dou fe que nos autos dos que se fará mérito, dictouse a sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dezaseis de novembro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 407/1994, seguidos por insultos e ameazas; sendo denunciantes María Fernández Fidalgo e Guadalupe Freire Gato, maiores de idade; e aparecendo como parte denunciada Gabriel Pazos González, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Gabriel Pazos González da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Guadalupe Freire Gato, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o catorce de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6273