En Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1995, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que, con data do 4 de febreiro de 1994, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco desta cidade, dictou sentencia no xuízo de faltas seguido neste xulgado con referencia nº 341/1993, no que actuaron como partes, dun lado o Ministerio Fiscal en representación da acción pública; doutro, como denunciante Aurora Rein Liñán, como denunciado, José Antonio Blanco Fresco, que ten a parte dispositiva seguinte:
«Que debo absolver e absolvo a José Antonio Blanco Fresco da falta qque se lle imputa con declaración das custas de oficio».
E así o fago constar e emito a presente cédula para a súa notificación á denunciante, Aurora Rein Liñán, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, e instrúoa de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado consonte o disposto nos artigos 976, 795 e 796 LACR.
Rubricado
95-6223